[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

 

  • A nova edición da feira de turismo da capital británica celébrase do 4 ao 6 de novembro.

 

O sector turístico galego estará presente unha vez máis no World Travel Market London, a feira internacional de turismo que reúne anualmente desde 1980 os actores máis importantes do sector turístico dos cinco continentes. Este ano celebrarase do 4 ao 6 de novembro no recinto feiral ExCeL de Londres, e os organizadores agardan superar os 4.000 expositores que participaron en 2024.

 

O Clúster de Turismo de Galicia participa cunha delegación de 26 persoas, entre as que se atopan o presidente do Clúster, Cesáreo Pardal; o vicepresidente, Jesús Picallo; o tesoureiro, Alfonso Martínez; o vogal e expresidente do Clúster, Francisco González; representantes da marca turística ´Galicia Destino Sostible´, e por representantes de empresas turísticas: Troulanda, Carrís Hoteles, Hotel Boutique Faro Silleiro, Tee Travel, Viajes Interrías, Casa do Sear, Adegas Eidos, Eat & Walkabout, Autocares Bustelo, Artnatura Galicia, Hotel Pazo Los Escudos, Solo Grupos, Always Spain Incoming e Oca Hoteles.

 

Durante a feira, Turismo de Galicia contará cun posto de exposición propio, que os representantes da nosa delegación poderán empregar para dar a coñecer as súas propostas á marxe dos contactos ou reunións que cada un deles xestione durante o evento.

 

WTM London é un evento líder para establecer novas conexións. O ano pasado, a feira internacional acolleu a máis de 40.000 profesionais de 184 países diferentes.

04 de Novembro de 2025

A misión comercial do Clúster de Turismo de Galicia chega esta semana ao WTM Londres

  A nova edición da feira de turismo da capital británica celébrase do 4 ao 6 de novembro.   O sector turístico galego estará presente unha […]
04 de Novembro de 2025

Presentación do programa formativo “Turismo intelixente: ferramentas de IA para a transformación do sector”

12 de novembro | Ponteareas, Auditorio Reveriano Soutullo De 10:00 a 14:00 Inscrición gratuíta ata completar aforo   O Clúster de Turismo, en colaboración coa Deputación […]
27 de Outubro de 2025

Outono Gastronómico no Rural

O programa permanece dispoñible ata o 21 de decembro. Poderá gozarse en 78 casas rurais, cun chamamento especial para apoiar o turismo rural nas zonas afectadas […]
27 de Outubro de 2025

Premio da Unión Internacional de Ferrocarrís á Ruta do Faro dos trens turísticos da Xunta.

Estes premios recoñecen o liderado no desenvolvemento e creación de experiencias únicas para os viaxeiros.   O produto turístico da Xunta, en colaboración con Renfe e […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602603604605606607608609610611612613614615616617618619620621622623624625626627628
Página siguiente