[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

  • As candidaturas poden presentarse ata o 28 de outubro ás 14:00 horas.

A Deputación da Coruña anunciou a primeira edición dos Premios de Turismo, co fin de recoñecer o traballo de persoas, empresas e entidades que marcaron a diferenza no sector turístico da provincia. Os galardóns buscan destacar iniciativas centradas na innovación, sostibilidade e posta en valor da autenticidade do territorio, fundamentais para o desenvolvemento dun turismo diferenciado e de calidade.

 

Nesta primeira edición, os premios divídense en cinco categorías:

 

  • Mellor iniciativa de innovación e calidade turística: Recoñecerá a aquelas persoas, empresas ou entidades que nos últimos 10 anos (desde xaneiro de 2014) impulsasen programas pioneiros de innovación turística na provincia, caracterizados pola súa calidade e enfoque innovador.
  • Mellor iniciativa de sostibilidade social aplicada ao turismo: Esta categoría premiará proxectos desenvolvidos na última década que promovan a sostibilidade social no turismo, como iniciativas solidarias, de economía circular ou que traballen en liña cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).
  • Mellor iniciativa de posta en valor da autenticidade do territorio: Para recoñecer a aqueles que desenvolveron accións enfocadas en preservar e realzar a autenticidade e singularidade do territorio, incluíndo medidas para mellorar a sostibilidade ambiental.
  • Premio ao mellor proxecto de turismo emerxente: Esta categoría está dirixida a persoas ou empresas que nos últimos tres anos (desde xaneiro de 2021) destacasen cun proxecto innovador que xerase un impacto notable no sector turístico.
  • Premio a toda unha vida dedicada ao turismo: Unha homenaxe a quen, ao longo da súa traxectoria, contribuíron significativamente ao desenvolvemento do turismo na provincia, destacando pola súa dedicación e achegas en calquera ámbito do sector.

 

Ademais destas cinco categorías, o xurado poderá outorgar ata dúas mencións especiais a persoas, empresas ou entidades que, sen ser propostas formalmente, desenvolvesen un labor destacado no ámbito turístico provincial.

 

O xurado estará composto por expertos do sector e profesores do grao de Turismo da Universidade da Coruña. As candidaturas poden presentarse ata as 14:00 horas do 28 de outubro a través da plataforma de tramitación electrónica da Deputación. As bases completas da convocatoria están dispoñibles no Boletín Oficial da Provincia do 11 de outubro. Os gañadores recibirán un galardón conmemorativo nunha gala organizada que se celebrará o 8 de novembro no NH Finisterre.

22 de Outubro de 2024

A Deputación da Coruña lanza os I Premios de Turismo para destacar a innovación, calidade e sostibilidade no sector

As candidaturas poden presentarse ata o 28 de outubro ás 14:00 horas. A Deputación da Coruña anunciou a primeira edición dos Premios de Turismo, co fin […]
22 de Outubro de 2024

O Ministerio de Industria e Turismo destina máis dun millón de euros para impulsar dez experiencias turísticas innovadoras en Galicia

Nos proxectos participan 14 empresas e entidades de Galicia xunto a outros socios do resto do territorio. Pedro Blanco, delegado do Goberno en Galicia, anunciou que […]
15 de Outubro de 2024

Turismo de Galicia promove un curso en liña sobre a creación de produtos experienciais e sostibles

A formación, de 1 hora de duración, está dispoñible ata o 31 de decembro de 2024. A formación continua é unha ferramenta clave para a innovación […]
15 de Outubro de 2024

Permanece aberto o prazo para solicitar as axudas de eficiencia enerxética da Xunta de Galicia

A convocatoria continúa aberta ata o 14 de novembro de 2024. Trátase dunha axuda dirixida a establecementos de aloxamento e restauración.   As empresas do sector […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602603604605606607608609610611612613614615616617618619
Página siguiente