Vigo e máis concretamente a sede do Parque Nacional das Illas Atlánticas, foi o lugar escollido por Proturga para celebrar a terceira edición do seu foro, nesta ocasión adicado ao “Turismo Náutico e Mariñeiro en Galicia: Situación actual e retos para o futuro”. Un envento que contou con representación de entidades do sector público e privado relacionados con este tipo de turismo. A xornada dividiuse en 3 mesas redondas co obxecto de abordar o tema dende diferentes perspectivas e situacións:
1ª Mesa: Iniciativas en Turismo Náutico e Implantación en Destino Galicia e Portugal.
2ª Mesa: Iniciativas en Turismo Mariñeiro e Implantación en Destino.
3ª Mesa: Comercialización do Turismo Náutico e Mariñeiro.
O Foro comezou coa inauguración do mesmo a cargo de Mª Ángeles Herrero Pérez (Xefa da Área Provincial de Turismo de Pontevedra), José Antonio Fernández Bouzas (Director Conservador do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia) e Verónica Pichel Guisande (Presidenta de Proturga).
A continuación deuse paso á primeira mesa, Iniciativas en Turismo Náutico e Implantación en Destino Galicia e Portugal, moderada por Didier Maurice. Na mesma, os diferentes relatores puxeron de manifesto tres ideas fundamentais da actualidade do sector:
De seguido comezou a segunda mesa, Iniciativas de Turismo Mariñeiro e Implantación en Destino, moderada por Fátima Cachafeiro e na que se representaba o sector privado neste tipo de turismo. As conclusións desta mesa son as seguintes:
Na terceira e última mesa do evento, Comercialización do Turismo Náutico e Mariñeiro, moderada por Fátima Rodríguez, déronse cita relatores relacionados coa intermediación. Nesta mesa e púxose de manifesto o seguinte:
O maior debate da xornada xurdiu sobre as visitas guiadas de turismo náutico e mariñeiro. As dúas posturas que se puxeron de manifesto foron relacionadas coa persoa que dirixe esta actividade. Por un lado, defendíase que esa persoa fose un Guía Oficial de Galicia e, polo outro, os propios traballadores do mar. ¿Séguese pensando realmente que as profesións turísticas poden ser levadas a cabo por calquera persoa que non pertenza ó sector? ¿Qué opinades deste debate? ¿Ata cando estaremos desvalorizados os profesionais do turismo?
Asemade, leváronse a cabo outras actividades como a Degustación a cargo de “A Perla Illas Cíes” de patés de nécora e centola e galletas mariñeiras, a entrega do III Premio Proturga, que recaeu en Andrea Rey Roca, pola súa traxectoria profesional e colaborativa en turismo e un Xantar Networking no que os asistentes compartiron as súas inquietudes sobre o sector.