Co obxectivo de conectar a paisaxe e a historia da Ribeira Sacra o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra en colaboración con Turismo de Galicia veñen de presentar a rede de 21 murais de arte urbana que se situarán en diferentes puntos da Ribeira Sacra como un produto turítico innovador e prácticamente inexistente na contorna rural galega.
O primeiro deles sitúase en Sober, pero unha vez rematada a intervención haberá un mural en cada uno dos 21 concellos da Ribeira Sacra, que reflectirán diferentes sinais de identidade como emblemas, valores, recursos ou tesouros máis destacados da comarca. Aínda que cada un deles será diferente en motivo e extensión, establécese que serán dun mínimo de 12 metros cadrados. Ademais do de Sober, xa están rematados os murais de A Pobra do Brollón, Taboada e Ribas de Sil. Así mesmo, iniciaranse nos próximos días os de Pantón, Portomarín e Quiroga coa idea de que a mediados de outubro xa se poda desfrutar da ruta completa. Trátase da primeira ruta deste tipo que hai en Galicia e das poucas de España xa que solo as cidades de Zaragoza, Valencia, Madrid e Barcelona levan a cabo actuacións para a promoción deste produto.
O obxectivo é, polo tanto, reflectir de xeito artístico os. Así, a través destas expresións contemporáneas de arte búscase xerar patrimonio e converter espazos decadentes en cadros de gran tamaño. A acción, ademais, pretende contribuír a difundir a candidatura da Ribeira Sacra para ser declarada Patrimonio da Humanidade tanto a nivel local como a nivel nacional e internacional buscando, mediante estas intervencións de carácter innovador, manter vivo o interese turístico da zona.