• Terá lugar os días 23 e 24 de maio na illa de Sálvora.
  • Está dirixida a persoal técnico, informadores, guías turísticos en activo ou persoal de organismos e entidades que estean en contacto con potenciais visitantes do Parque Nacional.
  • O seu obxectivo é dar a coñecer os valores naturais e culturais deste espazo protexido.

 

Os vindeiros días 23 e 24 de maio a Xunta de Galicia organiza unha xornada formativa para profesionais do sector turístico sobre o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas. O obxectivo desta iniciativa é dar a coñecer aos profesionais relacionados co sector turístico os valores naturais e culturais deste espazo protexido, co obxecto de que estes difundan a información coa máxima precisión posible.

 

A xornada está dirixida a persoal técnico, informadores e guías turísticos en activo con interese en coñecer os valores do Parque Nacional, o seu funcionamento e aspectos relacionados coa xestión de visitantes neste espazo protexido.

 

O primeiro día desenvolverase unha fase en liña na que se tratarán cuestións teóricas sobre o Parque Nacional das Illas Atlánticas, e que finalizará coa realización dunha proba tipo test. O segundo día terá lugar a fase presencial na illa de Sálvora, coa que se contrastarán de xeito práctico os contidos abordados o día anterior. As persoas que asistan á totalidade da formación e superen o test de coñecementos básicos obterán un certificado oficial de asistencia.

 

Esta xornada proporcionará aos traballadores do sector turístico ferramentas e recursos que lles permitan informar aos potenciais visitantes do Parque Nacional sobre aspectos como servizos, a normativa ou a xestión. Ademais disto, tamén achega unha canle directa de comunicación co Parque Nacional, ofrecendo un espazo de comunicación aberto para propoñer suxestións e actuacións de mellora. Se che interesa, podes consultar o programa completo a través da web oficial do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

 

O prazo para inscribirse nesta iniciativa, cun límite de 40 prazas, está aberto ata o vindeiro xoves, 11 de maio, a través deste formulario habilitado. Para máis información consulta o teléfono do Parque Nacional: 886 218 090 (de 9 a 14 horas de luns a venres) e 886 218 082 (de 16:30 a 19:30 horas de venres a sábado, agás festivos).

08 de Maio de 2023

A Xunta de Galicia organiza unha xornada formativa para profesionais do sector turístico sobre o Parque Nacional das Illas Atlánticas

Terá lugar os días 23 e 24 de maio na illa de Sálvora. Está dirixida a persoal técnico, informadores, guías turísticos en activo ou persoal de […]
05 de Maio de 2023

O investimento e a innovación no mundo do cámping centraron a xornada organizada polo Banco Sabadell na Cidade da Cultura o 25 de abril

O financiamento sostible, solucións financeiras ou solucións de cobros e pagos aplicados ao ámbito dos cámping; protagonistas da cita.   O pasado martes, 25 de abril, […]
25 de Abril de 2023

Comeza a primavera de portas abertas nas Rutas dos Viños de Galicia.

A Primavera de portas abertas nas Rutas dos Viños de Galicia é un evento organizado por Turismo de Galicia en colaboración coas Asociacións dás Rutas dos […]
29 de Marzo de 2023

Cesáreo Pardal reivindicou no Foro MICE o papel deste sector turístico para loitar contra a estacionalidade

O presidente do Clúster participou en Madrid nunha das mesas redondas do sexto Encontro Anual da entidade impulsada pola Organización Profesional de Congresos de España.   […]