A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (Apehl) levará a cabo durante os meses de marzo, abril, maio e xuño unha serie de reunións informativas abertas ao público na que se informará da normativa vixente que afecta directamente o sector. Serán un total de 8 xornadas, que se celebrarán en Portomarín, foz, Viveiro, Vilalba, Becerreá, Monforte e Lugo.

A primeira delas tivo lugar esta semana en Baleira e contou coa presenza da xefa da área de Turismo de Lugo, Pomba Vázquez Fernández, o tendo adxunto á Comandancia de Lugo da Garda Civil, José Manuel Sánchez Murias, o sarxento da Comondancia do posto de Castroverde, Marcos López Ramil e o presidente da APEHL, Cheché Real.

O obxectivo destes encontros é informar aos asociados e a calquera persoa que estea interesada en temas como diferenzas entre café-bar, cafetarías e restaurantes; listas de prezos, horario de peche, rexistro de viaxeiros, dereito de admisión, rexistro horario de traballadores, así como calquera outro tema que se poida propor. Ademais, darase a coñecer o labor que se realiza desde a Apehl para a promoción da provincia a nivel nacional e internacional, os servizos que presta a Asociación, así como os convenios vantaxosos dos que son beneficiarios os asociados. Serán ocasións tamén para tratar de reunir ao sector da hostalaría e o turismo e poder intercambiar opinións e experiencias.
As datas e os lugares de celebración xa programados son os seguintes:
Abril: Portomarín, día 3, e Foz, día 24
Maio: Viveiro, día 8, e Vilalba, día22
Xuño: Becerreá, día 5; Monforte de Lemos, día 12, e Lugo, día 19

14 de Marzo de 2017

A APEHL celebra enentre marzo e xuño un total de 8 xornadas informativas sobre lexislación que afecta o sector da hostalaría

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (Apehl) levará a cabo durante os meses de marzo, abril, maio e xuño unha serie […]
03 de Marzo de 2017

A Camelia camiño da profesionalización como produto turístico

Baixo a máxima de que a camelia é un recurso diferenciador único e que a enorme riqueza e expansión desta flor en Galicia converteuna nun valor […]
02 de Marzo de 2017

O turista rural que elixe Galicia ten un alto índice de fidelización, identifícase co ecoturismo e valora especialmente o trato personalizado e a contorna

A xornada Turismo Rural celebrada en Santiago serviu para coñecer as principais conclusións do último informe do Observatorio de Turismo Rural para o sector en Galicia […]
24 de Febreiro de 2017

A camelia celebrará en marzo a súa I Xornada Internacional

O Pazo Quinteiro da Cruz acolle os días 25 e 26 de marzo o I Xornada Internacional da Camelia, unha iniciativa que, baixo a lema “Ven […]