Dentro do Plan de Formación impulsado polo Clúster Turismo de Galicia para a mellora das habilidades profesionais e capacitación do sector, celebrouse en Vigo un novo taller centrado nesta ocasión na análise da información de mercado como ferramenta de primeira orde no desenvolvemento de empresas turísticas. Baixo o título “Como incrementar o meu negocio a través da análise e estudo de bases de datos”, a experta Beatriz Pereira Lafuente achegou as claves para un correcto e proveitoso uso das devanditas fontes de información a un total de 34 directivos do sector que participaron no aller, que conta coa colaboración do Centro de Formación da Federación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Pontevedra, en cuxa sede se celebrou a actividade.
O Plan de Formación do Clúster Turismo de Galicia desenvólvese baixo a organización de IFFE Business School e consta de 150 horas formativas repartidas en diferentes seminarios, talleres e cursos que se están impartindo en localidades do catro provincias. Todas as actividades teñen en común o seu carácter presencial e gratuíto. O obxectivo do Clúster Turismo de Galicia é promover unha maior profesionalización do sector e mellorar a súa competitividade.
Os profesionais interesados poden consultar o contido deste programa e do resto das actividades incluídas no calendario formativo a través da web http://www.iffe.es/formacion-cluster-turismo-galicia/

08 de Novembro de 2016

Unha trintena de profesionais fórmanse en Vigo no uso de bases de datos no sector turístico

Dentro do Plan de Formación impulsado polo Clúster Turismo de Galicia para a mellora das habilidades profesionais e capacitación do sector, celebrouse en Vigo un novo […]
08 de Novembro de 2016

V Cata Amateur, paseo en catamarán e unha actividade accesible centran a programación polo Día Europeo do Enoturismo

As actividades especiais terán lugar o fin de semana do 12 e 13 de novembro A Ruta do Viño Rías Baixas xa ten lista a súa […]
07 de Novembro de 2016

A coordinación entre hoteis e campos de golf, clave para a comercialización do produto en Galicia

O Hotel Os Abetos de Santiago de Compostela acolleu unha xornada na que se deron cita as diferentes axentes implicados na comercialización do golf en Galicia. […]
31 de Outubro de 2016

Compostela acolle unha xornada centrada na potencialidade do golf para o sector turístico galego

A Asociación GALICIA DESTINO GOLF organiza o vindeiro venres, 4 de novembro, en Santiago de Compostela, unha xornada de carácter gratuíto e de 3 horas de […]