Enrique Dans e Jaime López-Chicheri, primeiras espadas do sector turístico en diferentes vertentes, intervirán este martes 28 de novembro na xornada de peche do Plan Formativo do Clúster Turismo de Galicia, que durante o últimos tres meses levou diferentes cursos, talleres e seminarios a localidades do catro provincias galegas baixo a or#ganización de IFFE Business School. O programa arrincará ás 10.00 na Sala Eisenman (Centro de Emprendemento) na Cidade da Cultura de Galicia, coa recepción de participantes, e será de entrada libre para os interesados.
O presidente do Clúster Turismo de Galicia, Francisco González López, abrirá a xornada ao dez e cuarto da mañá, dando paso á presentación dos resultados do programa por parte de Manuel Carneiro, director xeral de IFFE Business School.
Seguiralle o relatorio de Jaime López-Chicheri, experto en revenue e mercadotecnia hoteleira e tamén, presidente da Asociación de Antigos Alumnos do Centro Superior de Hostalaría de Galicia. A súa exposición leva por título “Xestión estratéxica do revenue management, a distribución hoteleira e a mercadotecnia dixital para mellorar a rendibilidade do negocio”.
Enrique Dans, experto en innovación e transformación dixital, profesor de innovación en IE Business School e doutor en Sistemas de Información en UCLA, continuará, ao once e cuarto da mañá, co relatorio: “Internet, turismo e transformación dixital”.
O acto pecharase coa entrega de diplomas aos participantes e a clausura por parte da directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro.

27 de Novembro de 2017

Enrique Dans e Jaime López-Chicheri participarán na xornada de clausura do plan formativo do Clúster Turismo de Galicia

Enrique Dans e Jaime López-Chicheri, primeiras espadas do sector turístico en diferentes vertentes, intervirán este martes 28 de novembro na xornada de peche do Plan Formativo […]
27 de Novembro de 2017

Costa das Ondas organiza un taller para impulsar o turismo de surf na comarca

O Antigo Hospicio de Ferrol o xoves 30 de novembro o primeiro Workshop de Costa das Ondas, unha iniciativa impulsada co obxectivo de servir de punto […]
02 de Novembro de 2017

Selos e opinións centraron o V Foro Proturga

O Hostal dos Reis Católicos acolleu a quinta edición do Foro Proturga, impulsado por esta entidade de agrupa aos profesionais do Turismo en Galicia. Nesta ocasión […]
30 de Outubro de 2017

Unha vintena de clubs e asociacións náuticas danse cita no Galicia Nautic Destination

O Parador Nacional de Baiona acolleu o congreso de turismo náutico europeo Galicia, Atlantic Destination, no que representantes dunha vintena de clubs e asociacións náuticas do […]