As augas interiores, aproveitamento e recuperación de espazos degradados será o eixo central en torno ao que vira o programa deste ano.

Baixo o título “Augas interiores: a recuperación de espazos naturais, mineiro-industriais e os seus usos sustentables”, Cerceda acollerá este ano unha nova edición de Ibernáutica, impulsada por unha organización privada co apoio da Xunta de Galicia a través da Conselleria de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Deputación da Coruña e o Concello de Cerceda, así como entidades como Augas de Galicia, a Facultade de Xeografía, Historia e Ordenación do Territorio da Universidade de Santiago de Compostela, Grupo de Enxeñaría da auga e Medio Ambiente da Universidade da Coruña, Escola de Turismo da Coruña, Colexio de Enxeñeiros Navais, e entidades privadas como entre as que tamén se inclúe o Clúster.

Co obxectivo de pór en valor o patrimonio industrial como un recurso capaz de xerar riqueza, o que leva ao interese por conservalo e protexelo, así como a recuperación de extensas áreas degradadas, co peche das minas e a crise do sector industrial de Galicia, o programa contará coa participación de destacados expertos na materia, como José Antonio Quiroga Díaz, presidente da Confederación Hidrográfica Miño Sil. Ministerio para a Transición Ecolóxica; Teresa Gutiérrez, directora de Augas de Galicia; Roberto Arias Sánchez, subdirector Xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico Augas de Galicia, así como representantes de entidades vinculadas coa explotación turística destes recursos como a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o presidente do CTG, Cesáreo Pardal, o xerente do INORDE, José Manuel Rodríguez, o presidente de Agatur, Juan Luís López ou o vicepresidente da Academia Galega de Gastronomía, Manuel Rodilla del Barrio, entre outros.

A ordenación das augas interiores, os proxectos de recuperación de espazos, a ordenación de augas interiores e a súa sustentabilidade desde o punto de vista turístico ou a práctica deportiva en augas interiores en España e Galicia, serán algúns dos temas que se abordarán ao longo das dúas xornadas, tal e como podes consultar no seu programa. As inscricións para participar neste encontro xa está abertas e pódense formalizar vía en liña a través desta ligazón.

26 de Outubro de 2018

A terceira edición de Ibernáutica celebrarase en Cerceda os días 15 e 16 de novembro

As augas interiores, aproveitamento e recuperación de espazos degradados será o eixo central en torno ao que vira o programa deste ano. Baixo o título “Augas […]
24 de Outubro de 2018

O Clúster Turismo de Galicia celebrará un novo workshop no Porto

Co obxectivo de dar a coñecer a oferta turística galega no mercado luso, o Clúster Turismo de Galicia celebrará o próximo 20 de novembro un novo […]
11 de Outubro de 2018

Proturga organiza dous cursos de revenue-management e mercadotecnia-dixital para profesionais do sector turístico

Cun enfoque fundamentalmente práctico e dirixido para todos os profesionais do sector turístico, Proturga celebra entre os días 29 e 31 de outubro senllos cursos presentaciales […]
14 de Setembro de 2018

Fernando Gallardo, experto en Turismo, impartirá en Cuntis un seminario sobre tecnoloxía Blockchain e as súas repercusións no mundo do turismo

A tecnoloxía Blockchain, que ten a súa sostén na novo paradigma da confianza humana, o escenario colaborativo, as criptomonedas ou as redes tokens na industria turística […]