Actividades

  • A presentación “Arquitectos do lecer” puxo en valor o capital humano como elemento diferenciador do modelo turístico galego
  • O presidente do Clúster destacou que prestixiar as profesións turísticas e reforzar o seu recoñecemento social é un dos obxectivos da Estratexia de Turismo de Galicia 2030

O Clúster Turismo de Galicia centrou a súa presentación de Fitur 2026 no valor e a importancia dos profesionais do turismo coa identificación de Galicia como un destino hospitalario e de calidade.

 

Durante o evento -que contou coa presenza do presidente da Xunta, Alfonso Rueda e a participación do director da Axencia de Turismo, Xosé Manuel Merelles- o presidente do Clúster, Cesáreo Pardal, destacou que “os máis de 129.000 profesionais vinculados ao sector turístico galego son o principal elemento diferenciador da oferta turística galega e a base dun turismo con alma, responsable e sostible”.

 

Pardal destacou que o capital humano é clave na construción de experiencias únicas e na proxección da imaxe do destino. Son elas e eles, os verdadeiros “arquitectos do lecer”, quen dá sentido ao modelo turístico e elevan os estándares de calidade do sector.

 

Para abordar esta realidade desde distintas perspectivas, a presentación contou coa participación de tres profesionais de referencia do sector turístico galego cunha ampla traxectoria en formación, xestión empresarial e dirección de equipos, José Paz, director do Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG); Agustín Collazos, presidente da Asociación Empresarial de Hospedaxe da Coruña (HOSPECO); e Romina Fernández, directora de Turismo da Deputación de Pontevedra.

 

As súas intervencións coincidiron en sinalar que non é posible o crecemento do sector sen profesionais cualificados, sen talento, vocación e persoas comprometidas co coidado dos detalles e a excelencia na atención ao visitante.

 

A presentación puxo tamén o acento na necesidade de prestixiar as profesións turísticas e trasladar á sociedade o valor real dun sector que avanzou na mellora das condicións laborais, a estabilidade e a conciliación, e que necesita seguir atraendo novas incorporacións para afrontar os retos futuros.

 

A presentación pechouse coa intervención do director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, que destacou o bo ano turístico que tivo a Comunidade e o peso dos profesionais nese éxito.

 

Unha das misións centrais da Estratexia de Turismo de Galicia 2030 sitúa ás persoas no centro do modelo turístico, apostando pola visibilización do papel dos profesionais, a mellora da percepción social do sector, o fomento de vocacións, a capacitación continua e o desenvolvemento do talento.

 

Con esta iniciativa en Fitur 2026, o Clúster reafirma o seu compromiso cun modelo turístico que pon ás persoas no centro, convencido de que o futuro do turismo galego constrúese grazas a quen fai posible cada experiencia, a mellor carta de presentación e a mellor campaña de promoción do destino Galicia.

 

 

23 de Xaneiro de 2026

O Clúster destaca o papel clave dos profesionais do sector turístico na imaxe do destino Galicia

A presentación “Arquitectos do lecer” puxo en valor o capital humano como elemento diferenciador do modelo turístico galego O presidente do Clúster destacou que prestixiar as […]
13 de Xaneiro de 2026

O Clúster abre o prazo de reservas para o espazo de negocios do stand de Galicia en FITUR 2026

Os profesionais interesados en participar poderán reservar a data e hora das mesas.   O Clúster Turismo de Galicia asume, un ano máis, a xestión do […]
16 de Decembro de 2025

‘Galicia Destino Sostible’ pon en valor a accesibilidade e a sostibilidade no turismo activo en Sportur Galicia

A iniciativa ‘Galicia Destino Sostible’ (GDS), impulsada polo Clúster Turismo de Galicia e a Xunta-Axencia Turismo de Galicia, tivo presenza destacada no VI Congreso Internacional de […]
01 de Decembro de 2025

25 profesionais participan no programa formativo “Turismo Intelixente: ferramentas IA para a transformación do sector”

A semana pasada comezou en Pontevedra o programa formativo “Turismo Intelixente: ferramentas IA para a transformación do sector”, unha iniciativa do Clúster Turismo de Galicia, a […]