Formacion

  • As xornadas desenvolveranse o 19 de xuño (India), o 26 de xuño (Bélxica) e 9 de xullo (China).

TurEspaña organiza nas vindeiras semanas tres xornadas formativas para expoñer á oferta turística española as particularidades dos mercados indio, belga e chinés.

 

A primeira delas, na que se presentará o mercado indio, desenvolverase o vindeiro mércores, 19 de xuño, a partir das 11:30 horas. Nela participarán profesionais da Travel Agent’s Association of India (TAFI) e Thomas Cook (India) Limited. O formulario de inscrición pódese cumprimentar a través da seguinte ligazón.

 

A segunda delas, protagonizada polo mercado belga, desenvolverase o mércores, 26 de xuño, tamén de xeito online. A presentación, que comezará a partir das 16:00 horas, está organizada pola Oficina de Turismo en Bruselas. As inscricións están dispoñibles nesta ligazón.

 

A terceira e última, unha xornada de formación sobre o mercado chinés, terá lugar o martes, 9 de xullo, en Madrid. O evento, coordinado pola Oficina Española de Turismo en Cantón (RP de China), celebrarase de xeito presencial na capital española. Na cita participarán diversos profesionais da industria especializados neste mercado emisor. Desenvolveranse  cinco mesas de debate diferentes e un taller práctico sobre redes sociais en China. As prazas presenciais son limitadas e suxeitas a confirmación previa por parte da organización. Para asistir é obrigatorio inscribirse previamente a través deste formulario de inscrición, tanto para a opción online como para a opción presencial.

 

Para máis información e consultas pódese contactar no correo electrónico jornadas.profesionales@tourspain.es.

11 de Xuño de 2024

TurEspaña organiza tres xornadas formativas para reforzar a oferta turística nos mercados indio, belga e chinés

As xornadas desenvolveranse o 19 de xuño (India), o 26 de xuño (Bélxica) e 9 de xullo (China). TurEspaña organiza nas vindeiras semanas tres xornadas formativas […]
26 de Marzo de 2024

14 bolsas de formación convocadas nas oficinas de información turística

Turismo de Galicia destina 90.000 euros para realizar as prácticas. Bolsas de ata 6 meses nas oficinas situadas na Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Santiago […]
11 de Marzo de 2024

Turismo de Galicia lanza un programa formativo en liña sobre o futuro da IA no sector turístico

A formación, de carácter gratuíto, desenvolverase desde o 13 de marzo ata o 29 de abril. Dirixido a directivos, emprendedores e propietarios de empresas turísticas. As […]
18 de Febreiro de 2023

Aberto o prazo de inscrición no terceiro Xuventude Mentoring

O Clúster colabora nesta iniciativa promovida pola Xunta, o Cixug e as tres universidades galegas.   Un total de 250 mozos de entre 18 e 30 […]