Formacion

Expourense asinou co Instituto Nacional de Formación Profesional e Capacitación para o Desenvolvemento Humano (INADEH) de Panamá un compromiso para asesorar a esta entidade educativa en ámbitos relacionados co turismo de saúde e benestar e o enogastronómico, facilitando a presenza do INADEH nos eventos internacionais organizados por Expourense, e a participación dos seus expertos para impartir cursos de capacitación nas instalacións do Instituto. Convén lembrar que Expourense é a entidade organizadora de tres feiras de carácter internacional relacionadas con estes sectores, Termatalia, Xantar e Vinis Terrae, polo que conta con experiencia e contactos de gran valor para unha institución como o INADEH. De feito, a relación entre Expourense e o INADEH xurdiu por mor da participación de varios dos seus instrutores e alumnos na última edición de Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico no que Panamá participou como país invitado.

Este convenio foi asinado na Cidade de Panamá e correu a cargo do director xeral de Expourense, Alejandro Rubín, e do director xeral do INADEH, Samuel Rivera, quen indicou que o obxectivo deste convenio é ?fortalecer os coñecementos dos instrutores con novas técnicas para así situar á institución como o ente superior da formación profesional no país?. Ao finalizar o acto de firma, o director xeral de Expourense recibiu a oferta académica do INADEH, a cal se comprometeu a revisar curso por curso e determinar en que áreas poden ofrecer capacitación para instrutores e participantes. Dentro deste marco de colaboración tamén se inclúe o asesoramento académico de alta calidade que poderán achegar outras entidades galegas ou internacionais, especializadas nos temas nos que a entidade quere ampliar os seus coñecementos.

19 de Abril de 2017

Expourense asina un convenio de colaboración e asesoramento co INADEH de Panamá

Expourense asinou co Instituto Nacional de Formación Profesional e Capacitación para o Desenvolvemento Humano (INADEH) de Panamá un compromiso para asesorar a esta entidade educativa en […]
23 de Marzo de 2017

En abril conclúen no CSHG as sesións formativas do programa Do mar ao prato

Ata o próximo 18 de abril, o Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG) acolle unha serie de sesións formativas dentro do programa “Do mar ao […]
15 de Marzo de 2017

Unha trintena de profesionais recibiron asesoramento para a dixitalización do sector turístico nunha xornada do Reacciona-TIC

Unha trintena de empresarios e profesionais do sector turístico déronse cita en Sanxenxo para participar na xornada “A dixitalización do turismo e os seus desafíos”, programada […]
09 de Marzo de 2017

Sanxenxo acolle unha xornada sectorial do programa Re-Acciona TIC sobre os desafíos da dixitalización turística

A elevada velocidade de transformación que vive o sector turístico expón novos desafíos para os seus profesionais, que deben estar ao tanto da como está a […]