Formacion

A sede do Parque Nacional das Illas Atlánticas en Vigo acolle o 30 de novembro a primeira Xornada de Turismo Científico baixo o título “Novos enfoques turísticos en cidades e espazos naturais. Innovación en sectores tradicionais”, unha iniciativa que ten como obxectivo abordar desde unha perspectiva innovadora a divulgación científica como elemento transversal do turismo. A través dunha serie de conferencias a cargo de responsables de destinos turísticos, divulgadores, profesores de universidade e de expertos na materia a xornada servirá para abordar como se pode achegar coñecemento científico á sociedade a través das estruturas do sector turístico e, do mesmo xeito, como o sector turístico debe afrontar os cambios de hábitos de consumo e na demanda turística para ofrecer produtos sustentables, específicos e de calidade que satisfagan as demandas do novo viaxeiro.

Fusión de coñecemento e difusión

A vertente que ofrece o turismo científico está precisamente orientada a satisfacer estas novas demandas, fomentando unha cultura científica na sociedade ao tiemp que se promoven fórmulas de difusión do coñecemento baseadas en actividades que se apartan dun turismo de masas. Son actividades que permiten o achegamento e o coñecemento do visitante da súa contorna, desde a perspectiva do observador científico, facilitando a sensibilización coa contorna.

Ciencia, divulgación e turismo son as bases nas que se asenta esta nova modalidade turística, incipiente aínda, polo que necesita establecer boas prácticas, rigorosas e mecanismos de control para garantir que se está ofertando un produto turístico de calidade. Todos estes aspectos abordaranse nunha xornada de carácter gratuíto que se desenvolverá en xornada de mañá, de 10h a 13,30h e para a que é necesario inscrición previa.

programa_corrixido-1697x2400

22 de Novembro de 2016

Xornada en Vigo sobre os retos e a innovación no turismo científico

A sede do Parque Nacional das Illas Atlánticas en Vigo acolle o 30 de novembro a primeira Xornada de Turismo Científico baixo o título “Novos enfoques […]
21 de Novembro de 2016

Do turismo accesible ao sensitivo, tema central do IV Foro Proturga

O Auditorio da Cidade Infantil de Pontevedra acollerá os próximos 1 e 2 de decembro a cuarta edición do Foro Proturga, organizado pola Asociación de Profesionais […]
17 de Novembro de 2016

Fernando Gallardo reflexiona sobre o #Hotel2020 no seu seminario en Compostela

Impulsada pola Asociación Hostalaría de Compostela, en colaboración con WayandGo, Blue Café, Correos and Trivago, coa colaboración da Fundación Cidade da Cultura, Compostela acolleu un novo […]
14 de Novembro de 2016

Encontros informativos do programa Reacciona-TIC para as pemes galegas

O Igape e AMTEGA veñen de abrir a primeira convocatoria para a solicitude de servizos do programa Reacciona-TIC. A través dunha serie de xornadas que se desenvolven […]