Formacion

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, fixo este anuncio na súa comparecencia parlamentaria para explicar o Plan de Reactivación para os sectores turísico e cultural, dotado con 27 millóns de euros

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, compareción na Deputación Permanente do Parlamento para dar conta do Plan de Reactivación para os sectores cultural e turístico impulsado pola Xunta de Galicia. Nesta comparecencia o titular de Cultura e Turismo anunciou a intención da Xunta de dotar a Galicia cun modelo propio en materia de calidade e seguridade que eleve os estándares de seguridade sanitaria por encima do que até agora obriga a normativa aprobada no BOE. Neste sentido, Román Rodríguez sinala que o sistema establecido polo Goberno central pode xerar desigualdades, dando lugar a un sector turítico a dúas velocidades – aqueles que se rigan pola norma do BOE e aqueles que adopten as medidas impulsadas polo ICTE-, o que debilita ao destino Galicia.

“Galicia, destino seguro é moito máis que uno lema. É un deber e unha responsabilidade compartida entre o sector empresarial e as administracións”, puntualizou considerando que a resposta do Goberno central nesta materia foi “insuficiente”, ao limitarse a publicar o sábado no Boletín Oficial do Estado (BOE) unha serie de ordes xenéricas con indicacións para as diferentes áreas do turismo, e o propio domingo, un día antes da reapertura, unhas guías con recomendacións específicas para cada actividade.

Durante a súa intervención, o titular de Cultura e Turismo destacou que garantir a confianza e a seguridade dos potenciais visitantes é fundamental para a recuperación do sector turístico e por iso avanzou que a Xunta apostará na saída da crise pola calidade como elemento diferenciador. Para iso explicou que a Xunta acordará co sector establecer protocolos consensuados que poidan ser asumidos pola totalidade dos establecementos, xerando desta maneira confianza entre traballadores e usuarios. O Goberno galego acompañará este proceso cun investimento de 5 millóns de euros a través do programa Galicia, destino seguro, que recolle axudas públicas e formación para os negocios que precisen acometer actuacións que se deriven da súa aplicación.

Aposta polo detalle, a calidade e a confianza do destino
O conselleiro de Cultura e Turismo aclarou que a folla de ruta elaborada pola Xunta para a reactivación do sector turístico contempla un total de 24 iniciativas, dotadas con até 11 millóns de euros, enmarcadas en catro eixos de actuación:

  • O primeiro deles céntrase na posta en marcha de accións de promoción e de activación da demanda, impulsando Galicia como un destino caracterizado por valores como a seguridade, a saúde ou a sustentabilidade e no que tamén se apostará por tecer sinerxías entre a nosa Comunidade e o norte de Portugal. Neste ámbito recóllense proxectos como o impulso de Galicia como destino para o turismo de congresos adaptado á nova realidade. Co obxectivo de financiar preto de 50 eventos no último cuadrimestre do ano, a Xunta publicará mañá incluso unha orde de ampliación de prazos dotada con 500.000 euros.
  • O segundo eixo de actuación, subliñou Román Rodríguez, pasa pola creación de novos produtos turísticos da man de axentes como os geodestinos, potenciando o turismo local, ou a firma de acordos coas diferentes entidades sectoriais para adaptar toda a cadea de valor do sector á evolución do mercado.
  • O terceiro vector do plan contempla medidas de apoio ao sector empresarial e ao mantemento do emprego turístico a través de accións como o programa Queda en Galicia, polo que se cubrirán os gastos derivados do financiamento dos produtos mercados en axencias de viaxes e priorizarase o turismo local e de proximidade, ou o Bono solidario, que gratificará con paquetes turísticos en Galicia aos profesionais autonómicos vinculados á loita contra o coronavirus.
  • Por último, o cuarto eixo pasa por reforzar a formación e a mellora da competitividade dos negocios, ampliando o Plan de teleformación a cargo do Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG), no que xa participaron máis de 3.000 persoas durante o estado de alarma, ou implementando un sistema de asesoramento e consulta.

“É un plan que aposta polo turismo de autor, por un modelo propio”, resumiu o conselleiro, que destacou a importancia de ?apostar polo detalle, a calidade e a confianza do destino?, tal e como vimos facendo coa nosa capacidade de acollida no Camiño de Santiago. Precisamente no que se refire á Ruta Xacobea, Román Rodríguez anunciou que nas próximas semanas activarase o Fondo Xacobeo 2021, dotado cun investimento de 1,5 millóns de euros para financiar iniciativas culturais profesionais cos que comenzarána traballar no que definiu como “o Xacobeo máis galego da historia”. E é que o Plan de Reactivación complétase con doce medidas centradas na celebración do Xacobeo 2021, dotadas máis de 5,6 millóns de euros, con incidencia tanto no campo cultural como o turístico.

Entre elas, anunciou a activación nas próximas semanas dun fondo de proxectos que inxectará liquidez inmediata nas industrias culturais da Comunidade e que contemplará axudas de até 10.000 euros para a posta en marcha de proxectos dixitais ou presenciais. Do mesmo xeito, fomentarase a compra de obras de artistas galegos e impulsaranse accións no campo musical como unha convocatoria de proxectos para este sector por máis de 1 millón de euros ou o apoio aos ciclos musicais do Xacobeo ou FEST Galicia.

Finalmente o titular de Culura e Turismo lembrou que a reactivación destes dous sectores é un !desafío compartido! e chamou ás diferentes administracións a crear sinerxías e traballar conxuntamente, evitando duplicidades e concentrando o esforzo económico no impulso do tecido produtivo e o mantemento do emprego no campo cultural e turístico. Precisamente, o conselleiro quixo agradecer durante a súa comparecencia o esforzo dos profesionais destes dous sectores nas últimas semanas. !Son moitas as persoas e colectivos que demostraron que Galicia estivo á altura!, valorou.

13 de Maio de 2020

A Xunta acordará co sector turístico un modelo propio que eleve os estándares de seguridade sanitaria para Galicia

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, fixo este anuncio na súa comparecencia parlamentaria para explicar o Plan de Reactivación para os sectores turísico e […]
08 de Maio de 2020

Brinde virtual e formación en liña nas rutas dos viños galegos

A crise sanitaria ha trastornado o calendario de accións tamén nas rutas dos viños galegos e obrígalles a adaptarse ás novas circunstancias. Este sábado, por exemplo, […]
07 de Maio de 2020
formación on line Xunta de Galicia

Sete novos seminarios de teleformación co CSHG

A oferta formativa da Consellería de Cultura e Turismo complétase con cursos de inglés Durante o mes de maio continúan os cursos de formación en liña […]
27 de Abril de 2020
formación on line Xunta de Galicia

A Xunta abre unha liña específica para os guías turísticos a través do seu novo plan de teleformación gratuíta

As primeiras accións, para as que está aberto o prazo de inscrición, profundarán no uso das redes sociais na difusión cultural e nas técnicas para o […]