A Open Academy Spain é unha plataforma de formación gratuíta impulsada polo Pacto Mundial da ONU España para axudar a formar en sostibilidade a empresas españolas, sen importar o seu tamaño ou sector de actividade.
Estas formacións teñen por finalidade trasladar ás empresas españolas os dez principios do pacto mundial da ONU e 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), contribuíndo a sensibilizar ao maior número de compañías españolas nesta materia, axudando así a catalizar os seus esforzos para acelerar a contribución da Axenda 2030 de Nacións Unidas.
Entre as formacións dispoñibles este verán, dúas delas están enfocadas na sostibilidade empresarial: o curso “Empresas e sostibilidade” e a píldora formativa sobre como comunicar os progresos en sostibilidade a través do reporte. Estes dous cursos formativos axudaranche a entender mellor como abordar estes temas na túa compañía.
Ademais dentro da páxina da Open Academy Spain comparten outros recursos para que coñezas os resultados da consulta empresarial en ODS elaborada polo Pacto Mundial da ONU España e o seu informe sobre a gobernanza como elemento transformador nas empresas.
Animámoste a que coñezas a Open Academy Spain e aprendas ao teu ritmo. Podes rexistrarte a través desta ligazón e acceder a tódolos contidos exclusivos.