Formacion

Subscrito polas asociacións provinciais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, a iniciativa alcanzará a 300 empresas de hostalaría que mellorarán as súas competencias neste idioma e mellorarán a súa visibilidade internacional

A formación a través deste programa comezou esta semana na Coruña e continuará ata outubro

Co obxectivo de mellorar as competencias lingüísticas do sector turístico galego o Clúster Turismo de Galicia impulsa a posta en marcha do programa Galicia Friendly a través do cal máis de 300 empresas do sector hostaleiro galego mellorarán a atención en inglés grazas a un programa de formación do que se beneficiarán os traballadores das empresas que tomen parte no programa. Ademais, o programa inclúe unha parte de impulso da comercialización, a través da elaboración da Guía Galicia Friendly e a entrega dun selo distintivo de participación con aproveitamento no programa.
“Somos conscientes de que o sector turístico galego precisa seguir mellorando a súa formación e profesionalización polo que, co apoio da administración pública, estamos a traballar para poder ofrecer ferramentas que nos axuden no proceso de modernización e mellora do noso tecido empresarial”, explicou o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Francisco González.
Financiado pola Axencia de Turismo de Galicia e formalizado pola Asociación Provincial de Empresarios de Hosteleria da Coruña, a Asociación Provincial de Empresarios de Hosteleria de Lugo, a Federación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Ourense, e a Federación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Pontevedra, Galicia Friendly permtitirá, en última instancia, mellorar a comercialización do destino Galicia facilitando e mellorando a atención ao cada vez maior número de turistas procendentes de fóra das nosas fronteiras.

Unha guía para a promoción internacional
Baixo a denominación de “Galicia Friendly”, o programa abarca o catro provincias galegas a través da posta en marcha dun programa de formación que se desenvolverá entre setembro e outubro deste ano. Ademais da formación aos seus traballadores para a atención correcta en inglés dos turistas, o programa inclúe a promoción das empresas participantes a través da posta en marcha da guía Galicia Friendly, que se repartirá nas principais feiras internacionais nas que se promociona o Destino Galicia.
O proxecto conta tamén cunha web http://galiciafriendly.es/, onde non só se poderán consultar as empresas participantes se non tamén unha ficha dos mesmos con información básica de onde se atopa, como chegar e os últimos comentarios que recibiron. Ademais, os locais que participen con éxito no proxecto obterán un selo distintivo, Galicia Friendly, que se entregará ao finalizar o proxecto.
A formación ofrecida por Galicia Friendly comezou esta mesma semana na Coruña, coa colaboración da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría da Coruña, e estenderase ao resto de provincias a partir do día 18 de setembro, contando co apoio de todas as Asociacións Provinciais de Hostalaría de Galicia.

12 de Setembro de 2017

Arrinca o programa Galicia Friendly para mellorar as competencias en inglés dos profesionais do sector

Subscrito polas asociacións provinciais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, a iniciativa alcanzará a 300 empresas de hostalaría que mellorarán as súas competencias neste idioma e […]
17 de Agosto de 2017

A EOI e o IGAPE mentorizarán 22 novas empresas vinculadas ao turismo e a gastronomía en Vilanova de Arousa

A Escola de Organización Industrial (EOI), en colaboración co IGAPE, acaba de pór en marcha un novo espazo de asesoramento empresarial e de coworking para aquelas […]
19 de Xullo de 2017

Ingavi e Cidade da Cultura renovan o seu compromiso para seguir ofrenciendo formación no Gaiás

O Instituto Galego do Viño renova o seu convenio coa Cidade da Cultura de Galicia para promover no próximos cinco anos actividades formativas e de asesoramento […]
13 de Xullo de 2017

Acelaración da internacionalización das pemes galegas a través de VíaExterior

Coa posta en marcha dunha Aceleradora de Internacionalización o Consorcio da Zona Franca de Vigo quere iniciar un programa de apoio ás pemes galegas para os […]