O CSHG acolle a cuarta xornada da Xira Hoteleria para falar sobre distribución hoteleira

Compostela acollerá o próximo 31 de maio o cuarto foro da Xira Hoteleria, unha iniciativa dirixida ao sector hoteleiro onde importantes empresas do sector danse cita para debater sobre aquelas cuestións que afectan os establecementos hoteleiros. Baixo o título “O quen é quen na fixación de prezos”, a Xira Hotelaria pretende ofrecer unha visión non nesgada da actualidade que afecta o sector hoteleiro, ofrecendo solucións e respostas a todas aqueles interrogantes que poidan xurdir ao redor de cuestións como a distribución, a venda directa ou a tecnoloxía.

Despois da primeira edición, que tivo lugar en decembro de 2016 en Madrid, as instalacións do Centro Superior de Hostalaría de Galicia acollerán a cuarta cita desta iniciativa, que xa que xa se celebraron en Barcelona, Madrid ou Canarias e que, nesta ocasión, reunirá aos hoteleiros galegos para falar de distribución hoteleira con relatoras de toda España. Impulsada por Paraty Tech, especialistas no desenvolvemento e a implantación de servizos tecnolóxicos e de mercadotecnia en liña para o sector turístico e hoteleiro, a xornada desenvolverase na mañá do 31 de maio e para participar é necesario a inscrición previa a través do correo electrónico lfanjul@paratytech.com ou no teléfono 674270502

PROGRAMA

10.30 h. Recepción e benvida.
Turismo de Galicia
10.45 h. Demanda e competencia, o importante non é participar
Luisa Fanjul, Responsable de Comunicación en Paraty Tech
11,15h. As disparidades. Quen, como, cando e por que?
Sonia Molina, Directora de Revenue en HotelsDot
11.45 h. A lei, dereitos e obrigacións?
Esther Montalvá, Socia Directora en Legal Travel
12.15h. Coffee Break
12.30 h.PANEL DE EXPERTOS: O custo da «disparidade»,
vencedores ou vencidos?
MODERADOR: Andrés Neto, Xefe de Departamento de Comercialización
Hoteleira e Revenue Management no CSHG
Ramón Braña, Director Xeral en Oca Hotels
Sonia Molina, Directora de Revenue en HotelsDot
Luís Borrajo, Coordinador do departamento de produto en CN Travel
David Madrigal, Director de Operacións en Paraty Tech
Esther Montalvá, Socia Directora en Legal Travel
13:15 h. Peche