Representantes do turismo agroalimentario provincial, axentes turísticos, produtores, guías, expertos en comunicación, hostaleiros… déronse cita nas primeiras Xornadas de Turismo Agroalimentario que celebrou a Deputación de Lugo co obxectivo de impulsar este tipo de turismo na provincia. A iniciativa enmárcase dentro do Plan Estratéxico de Turismo da provincia, e contou coa participción de responsables de proxectos de éxito relacionados con este sector como o Instituto Galego do Viño, Milhulloa, Champivil, Caurelor, Embutidos Suarna ou do CRDO Queixo do Cebreiro, ademais de empresas turísticas como I´m a Local e de Ponlle cara ao turismo, que abordou as novas oportunidades turísticas como alternativa ao desenvolvemento rural.

Tal e como explicou o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, a entidade busca contribuír a “pór en valor os proxectos relacionados co sector agroalimentario que, con tanto éxito está a realizarse actualmente na provincia, e ao mesmo tempo pomos en valor a nosa materia prima de primeira calidade”.

Desta maneira a Deputación dá os primeiros pasos para tratar de desenvolver unha oferta de turismo alternativo, centrado nos produtos e ligado á paisaxe da provincia, a partir dos produtos de calidade que ofrece o sector primario e das experiencias exitosas de emprendedores que apostaron decididamente por este sector. A xornada completouse cunha visita á ‘Ruta da Faba de Lourenzá’.

26 de Decembro de 2018

A Deputación de Lugo aposta por desenvolver un turismo agroalimentario con experiencias de éxito

Representantes do turismo agroalimentario provincial, axentes turísticos, produtores, guías, expertos en comunicación, hostaleiros… déronse cita nas primeiras Xornadas de Turismo Agroalimentario que celebrou a Deputación de […]
19 de Decembro de 2018

Un cento de profesionais participan na xornada de internacionalización da oferta turística en Pontevedra

Promovida polo CTG en colaboración coa Deputación de Pontevedra, a xornada incluíu relatorios sobre o proceso de internacionalización para as pemes turísticas e análises dos mercados […]
10 de Decembro de 2018

Pontevedra acolle unha xornada centrada na internacionalización do sector turístico galego

O encontro está impulsado polo Clúster Turismo de Galicia e a Deputación de Pontevedra Clúster Turismo de Galicia e Deputación de Pontevedran volven tender pontes de […]
07 de Decembro de 2018

Federacións nacionais europeas de surf coñecen a Costa das Ondas como destino de adestramentos de alto nivel

Esta é unha acción promocional enmarcada no convenio asinado entre a Mancomunidade de concellos da comarca de Ferrol e Xunta de Galicia. Representantes das federacións de […]