O sector turístico galego profunda nas vantaxes da geotermia como alternativa enerxética sostible

ACTIVIDADES

O sector turístico galego profunda nas vantaxes da geotermia como alternativa enerxética sostible

O incremento da conciencia verde nos viaxeiros e a procura dun menor impacto ambiental fai que o sector mire con maior interese este tipo de sistemas enerxéticos, limpos, sustentables e eficientes

Competitividade e eficiencia enerxética foron os termos máis empregados na xornada de mellora da sustentabilidad nas empresas turísticas celebrada en Santiago de Compostela baixo a batuta do Clúster da Geotermia Galega e o Clúster de Turismo de Galicia. Unha trintena de profesionais déronse cita neste encontro co obxectivo de achegarse ás vantaxes da instalación deste tipo de enerxía renovable, que ten unha ampla marxe de mellora e implantación en Galicia.

Así o explicou o presidente de Acluxega, Manuel López, que destacou con exemplos prácticos as grandes vantaxes da aposta pola geotermia cuxo custo de implantación é algo máis elevado que o doutros sistemas pero cun retorno do investimento moi rápido. Pero máis aló do custo, os expertos que participaron na xornada destacaron a mellora da competitividade e o custo ambiental da aposta por esta enerxía verde como alternativa ás tradicionais. “O verde vende cada vez máis porque a sociedade e o viaxeiro está cada vez máis concienciado co cambio climático”, explicaba López, “por iso temos que pór en valor a implantación destas medidas de eficiencia enerxética, de reciclaxe e de uso de elementos reciclabes nos establecementos hostaleiros”, explicou. Un aspecto no que tamén incidiu o experto de EnergyLab, Gerardo Rodríguez, quen destacou o incremento do turismo sustentable e os obxectivos marcados pola OMT a medio e longo prazo na descarbonización e mellora da sustentabilidade das empresas.

Vantaxes da geotermia

Neste sentido tamén redundou o profesor da Uvigo, Eusebio Vázquez, que centrou a súa intervención nun achegamento aos conceptos básicos do funcionamento e procesos de instalacións da geotermia como alternativa á alza en territorios dispersos como o galego e onde os terreos son especialmente aptos para os traballos de prospección necesarios para a instalación das bombas de calor. As vantaxes do uso deste tipo de instalacións son moitas: nulo impacto visual, sonoro e olfativo, enerxía limpa, autóctona e eficiente, que non depende das condicións climatolóxicas (vento/sol), altamente eficiente e cun custo de mantemento moi reducido.

A xornada completouse con exemplos prácticos de instalacións geotérminas en Galicia, desde casas de turismo rural e albergues, como Bela Muxia, a hoteis como a Quinta dá Auga, edificios, vivendas particulares ou mesmo parques empresariais como o de Porto do Molle, en Nigrán, que conta coa maior potencia geotérmica instalada en España até o momento.