Esta medida supón o peche de todo salvo as farmacias, as tendas de alimentación, os estancos e os quioscos de prensa.

Restauración, balnearios e albergues do Camiño de Santiago deixaron xa de prestar os seus servizos ao público desde a medianoite do pasado venres en cumprimento de RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2020 na que se recolle o acordo do Consello da Xunta polo que se declara a situación de Emerxencia Sanitaria en todo o territorio galego e actívase o plan territorial de Emerxencias de Galicia (Platerga) no seu nivel IG (emerxencia de interese galego), como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19 co fin de evitar a expansión do coronavirus.

No que se refire á suspensión de actividades a resolución indica a suspensión da actividade durante 14 días naturais, contados desde a publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia, de todos os establecementos de espectáculos públicos e actividades recreativas incluídos no anexo do Decreto 124/2019, do 5 de setembro, polo que se aproba o Catálogo de espectáculos públicos e actividades recreativas e establecementos abertos ao público da Comunidade Autónoma de Galicia e establécense determinadas disposicións xerais de aplicación na materia e, nomeadamente:

  • Cinemas
  • Teatros
  • Auditorios
  • Circos
  • Establecementos de espectáculos deportivos
  • Recintos feirais
  • Casinos
  • Salas de bingo
  • Salóns de xogo
  • Tendas de apostas
  • Estadios deportivos
  • Pavillóns deportivos
  • Recintos deportivos
  • Pistas de patinaxe
  • Ximnasios
  • Piscinas de competición
  • Piscinas recreativas de uso colectivo
  • Parques acuáticos
  • Salóns recreativos
  • Parques multiocio
  • Museos
  • Bibliotecas
  • Salas de conferencias
  • Salas polivalentes
  • Salas de concertos
  • Restaurantes
  • Salóns de banquetes
  • Cafetarías
  • Bares
  • Establecementos para actividades zoolóxicas, botánicas e xeolóxicas
  • Salas de festas
  • Discotecas
  • Pubs
  • Cafés-espectáculo
  • Furanchos
  • Centros de lecer infantil

Os establecementos de restauración, como cafetarías, bares e restaurantes, permanecerán pechados ao público e poderán prestar exclusivamente servizos de entrega a domicilio ou para a súa recollida no local e consumo a domicilio. A permanencia nestes establecementos deberá ser a estritamente necesaria. En todo caso, evitaranse aglomeracións e controlarase que consumidores e empregados manteñan a distancia de seguridade establecida co fin de evitar posibles contaxios.

O peche non afecta os bares e restaurantes localizados en establecementos hoteleiros ou no interior das instalacións destinadas á prestación de servizos públicos, sempre que a súa actividade limítese estritamente aos seus clientes aloxados ou aos traballadores das instalacións.

Así mesmo, disponse por igual tempo a suspensión da actividade dos establecementos balnearios regulados na Lei 5/1995, do 7 de xuño, de regulación das augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia, así como a dos espazos termais e piscinas termais de uso lúdico, reguladas na Lei 8/2019, do 23 de decembro, de regulación do aproveitamento lúdico das augas termais de Galicia.

Suspéndese polo tempo previsto neste acordo a actividade dos albergues de peregrinos da rede pública da Xunta de Galicia.

16 de Marzo de 2020

Galicia activa o Plan de Emerxencia sanitaria para frear o coronavirus

Esta medida supón o peche de todo salvo as farmacias, as tendas de alimentación, os estancos e os quioscos de prensa. Restauración, balnearios e albergues do […]
24 de Febreiro de 2020

En xaneiro o turismo galego creceu seis puntos por encima da media nacional

Os primeiros datos de 2020 do Instituto Nacional de Estatística indican que os hoteis galegos conseguen os niveis de rendibilidade máis altos da década O turismo […]
03 de Febreiro de 2020

Case 11 millóns de noites e 5,12 millóns de viaxeiros, balance final de ocupación hostaleira e extrahotelera en Galicia en 2019

Galicia pechou o ano 2019 cunha ocupación total de 5,12 millóns de viaxeiros e case 11 millóns de noites, superando de novo a cifra histórica dos […]
24 de Xaneiro de 2020

Galicia rexistra no 2019 os mellores datos turísticos da súa historia con case 11 millóns de pernoctaciones e preto de 5,1 millóns de turistas

A falta de coñecer os datos de establecementos extrahoteleros para pechar o 2019, a nosa Comunidade foi onde máis creceu o turismo no ano 2019, un […]