A decisión, froito dun encontro entre representantes sectoriais e o conselleiro de Cultura e Turismo, aprobarase este fin de semana

A Xunta e representantes do sector acordaron incrementar o aforamento dos establecementos hostaleiros ao 50% a partir da próxima semana. Durante o encontro, realizouse ademais un seguimento do proceso de apertura e analizáronse as expectativas de face á tempada estival. Segundo os representantes do sector, coa entrada de Galicia na fase 2 da desescalada retomaron a súa actividade preto do 50% dos establecementos de restauración e espérase que nos próximos días váianse incorporando novos negocios.

O incremento de aforamento, que xa foi avanzado o pasado domingo polo presidente do Goberno galego, abordouse hoxe nun encontro entre representantes sectoriais e o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez. A intención é que se aprobe este fin de semana na próxima reunión do Centro de Coordinación Operativa (Cecop) co obxectivo de que os bares, cafetarías ou restaurantes poidan aplicalo a partir do próximo luns 1 de xuño.

O acordo chega despois de que nas últimas instrucións publicadas no Boletín Oficial del Estado (BOE) para os territorios na fase 2 da desescalada, o Goberno central autorizase ás distintas Comunidades a ampliar o aforamento máximo no interior dos establecementos de restauración, pasando do 40% ao 50%.

Na reunión participaron ademais a directora de Axénciaa Turismo de Galicia, Nava Castro, así como representantes do Clúster Turismo de Galicia, da Asociación Provincial de Hostalaría da Coruña, da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo, da Federacion de Hosteleria de Ourense, da Federación Provincial de Hostalaría de Pontevedra, da Asociación Hostalaría Compostela, da Asociación de Empresarios do Camiño de Santiago a Finisterre e Muxía e do Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo.

26 de Maio de 2020

Xunta e sector acordan incrementar o aforamento dos establecementos hostaleiros ao 50% a partir da próxima semana

A decisión, froito dun encontro entre representantes sectoriais e o conselleiro de Cultura e Turismo, aprobarase este fin de semana A Xunta e representantes do sector […]
25 de Maio de 2020

Restauración amplía os seus espazos de servizo, baños na praia e paseos en grupo, Galicia entra en fase 2

Bares e restaurantes abren ao 40% da súa capacidade e a Xunta prevé elevar a porcentaxe á metade o vindeiro luns Bares, cafetarías e restaurantes estrea […]
19 de Maio de 2020

Andalucía, Galicia e Comunidade Valenciana, entre os destinos máis desexados na “nova normalidade”

Na situación actual de incerteza segue habendo unha importante porcentaxe de persoas que segue anhelando viaxar cando chegue a nova normalidade. Nestes días sucédense as enquisas […]
18 de Maio de 2020

Como será Galicia en Fase 2?

Incremento de aforamentos, permiso para o baño e apertura de piscinas e zonas comúns en hoteis ou do servizo no interior de restaurantes, entre os cambios […]