O último informe de Exceltur de Perspectivas Turísticas recolle tamén un incremento do 3% do emprego na nosa comunidade

Segundo recolle o último informe emitido por Exceltur sobre evolución do sector turístico español e perspectivas para este verán, o segundo trimestre de 2016 destacou por un forte incremento do emprego no sector como resposta á crecente demanda turística no IIT de 2016 que adiantou a tempada na maior parte de destinos vacacionais e impulsado a creación de 88.124 empregos adicionais (+5,7%) nas ramas turísticas a fins de xuño de 2016, moi concentrados nas zonas do litoral de sol e praia. Este incremento supón que o turismo cre 1 de cada 5 empregos en España. No caso de Galicia o incremento foi do 3%, coa creación de máis de 2.200 empregos até maio.

Entre as causas deste repunte da demanda, o informe destaca a recuperación do turismo nacional e un forte repunte do turismo estranxeiro, por encima do 10%, produto do chamado “turismo prestado”, que recalou en España por ser o noso país un destino seguro en detrimento de os competidores do Mediterráneo, especialmente Turquía. A pesar diso, o ingreso medio por turista estranxeiro segue descendendo,

Aínda que o crecemento do emprego o sector turístico esténdese sobre todas as ramas de actividade turistica, o aloxamento e as actividades de lecer son as que reflicten un maior aumento na contratación (7,4% e 7,1%, respectivamente), acorde coa notable mellora dos seus resultados.

Baleares, Canarias, Murcia e Andalucía, entre as zonas de sol e praia, o País Vasco na España Verde e Madrid entre os destinos/cidades de interior lideran o mellor desempeño turístico en España no II Trimestre de 2016 e son as que mellores perspectivas teñen para este verán. Galicia tamén alcanza resultados positivos na España Verde, cun crecemento do 5% dos ingresos. En canto a previsións para o verán, o 55,2% dos empresarios do sector do aloxamento hostaleiro cre que este verán mellorará a súa ocupación.

Descarga o informe completo

14 de Xullo de 2016

O sector turístico galego incrementou os seus ingresos un 5% no segundo trimestre do ano

O último informe de Exceltur de Perspectivas Turísticas recolle tamén un incremento do 3% do emprego na nosa comunidade Segundo recolle o último informe emitido por […]
06 de Xullo de 2016

Galicia escala dous postos no ranking de ocupación de turismo rural para este mes de xullo

Segundo recolle a enquisa de ocupación de TopRural para este mes de xullo, a ocupación en Galicia no sector do turismo rural roldará o 38%, cinco […]
04 de Xullo de 2016

Segue medrando o número de viaxeiros que elixe o apartamento turístico como aloxamento

Segundo os datos recolleitos polo Instituto Nacional de Estatística (INE) en maio volveu crecer o número de viaxeiros aloxados en apartamentos turísticos en Galicia respecto ao […]
17 de Xuño de 2016

España Verde se consolida como destino competitivo del norte peninsular con un incremento del 8% en los viajeros

Galicia, Asturias, Cantabria e o País Vasco rexistraron un incremento medio do 8% no número de viaxeiros e pernoctaciones durante o primeiro cuadrimestre de 2016, con […]