Aforamentos ao 75% en Galicia, máscaras e distanciamento social marcarán o comezo desta nova fase tras o final da estado de alarma para os nosos territorios

Galicia alcanzou a denominada “nova normalidade” adiantándose practicamente unha semana ao resto do territorio español, tras obter a autorización do Goberno Central para dar por concluído o estado de alarma no noso territorio. A resolución publicada no DOGA do 13 de xuño recolle as medidas que se observarán superada a fase 3 e durante este período que agora se abre de ?nova normalidade? co que conviviremos seguramente nos próximos meses, marcados pola mascarillla, o destanciamiento social e a prevención e a hixiene individual para evitar novos rebrotes da pandemia.

A resolución da Xunta recolle así unha serie de restricións marcadas polos límites de aforamento ao 75% en establecementos pechados e do 80% en terrazas e supoñen a apertura de Galicia a comunidades autónomas con situacións epidemiolóxicas iguais. Neste sentido, o presidente galego pediu que o Goberno central estableza “as cautelas necesarias para que a mobilidade no territorio nacional se contémple unha vez que todas as comunidades autónomas esteamos na mesma situación epidemiolóxica”. “Eu quero que a xente veña a Galicia, por suposto, pero levantar o estado de alarma non significa que poidan vir á comunidade aquelas persoas que están nunha situación epidemiolóxica distinta”, insistiu Feijóo.

Se se cumpren as previsións e non se producen rebrotes, a maior parte das comunidades autónomas pasarían á “nova normalidade” a partir do 22 de xuño, mentres que Madrid, Barcelona e as provincias de Castela e León que se atopan en Fase 2 alcanzarían a nova normalidade dúas semanas despois do fin do estado de alarma: o luns 6 de xullo.

Hoteis ao 75% da súa capacidade
Nos hoteis e aloxamentos turísticos non poderá superarse o 75% da súa capacidade, polo que cada establecemento debe establecer a capacidade dos distintos espazos comúns e os lugares nos que se poden realizar eventos, ademais das condicións máis seguras para a súa realización conforme á capacidade máxima e as medidas de hixiene e protección.

As actividades de animación ou as clases grupales tamén deben deseñarse e planificarse cunha capacidade máxima de 25 persoas e deben respectarse as distancias de seguridade interpersoal entre os asistentes ou utilizar máscara en caso contrario.

Como establecen os protocolos para evitar o contaxio por Covid-19 en hoteis e establecementos turísticos, realizarase a correspondente desinfección das instalacións. No caso das destinadas ao uso deportivo ou as piscinas ou ximnasios aplicaranse as medidas especificamente deseñadas para estes espazos.

Os albergues, ao 50% de ocupación
O aforamento será inferior nos albergues turísticos, polas súas características especiais. Permitirase unha capacidade máxima do 50% da súa capacidade total. As persoas titulares dos establecementos deben adoptar as medidas organizativas oportunas para evitar aglomeracións e para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal no interior dos establecementos ou, na súa falta, utilizaranse as medidas de protección física dos clientes.

Bares e restaurantes ao 75% e terrazas ao 80%
Os establecementos de hostalaría e restauración non poderán superar o 75% da súa capacidade para o consumo no interior do local, que poderá realizarse en barra ou en mesa, ou en agrupacións de mesas, e deberá asegurar o mantemento da distancia de seguridade.

Por outra banda, nas terrazas ao aire libre o aforamento limitarase ao 80% das mesas permitidas con respecto ao ano anterior. A mesma norma seguirase nos espazos que, aínda que estean cubertos, estean rodeados lateralmente por un máximo de dúas paredes e muros.

Museos e salas de exposicións
O museos e salas de exposicións de titularidade pública poderán acoller as visitas ao público, exposicións temporais e actividades culturais ou didácticas sen superar o límite do 75% da capacidade permitida para cada unha das salas e espazos públicos. Este límite aplicarase tamén naqueles eventos que impliquen concorrencia de varias persoas nun mesmo espazo, concertos e programas públicos.

Praias con distancia interpersoal
Nas praias, os usuarios deberán facer un uso responsable das instalacións, tanto desde o punto de vista ambiental como sanitario. A ocupación máxima no uso de duchas e aseos ou vestiarios será dunha persoa. Ademais, os concellos poderán establecer límites de acceso e de capacidade das praias, co fin de asegurar que se poida respectar a distancia interpersoal.

Actividades de natureza e turística

Poderanse realizar actividades de uso público en todos os espazos naturais que integran a rede galega de espazos protexidos, de conformidade co que dispoñan os seus respectivos instrumentos de planificación e no presente acordo. Os visitantes dos espazos naturais protexidos deberán procurar a circulación pola súa dereita no seu tránsito por camiños e pasarelas co obxecto de manter a distancia de seguridade interpersoal e un tránsito fluído.

Poderán realizarse actividades de turismo activo e de natureza, organizadas por empresas habilitadas como empresas de turismo activo, contemplando as medidas de seguridade interpersoal ou de protección física con uso de máscara. A capacidade dos centros de interpretación e visitantes será do 75%.

Guías turísticos
Poderá realizarse a actividade de guía turístico, para grupos de até un máximo de vinte e cinco persoas, e deberán establecerse as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade ou, na súa falta, medidas alternativas de protección física con uso de máscara. En calquera caso, deberán respectarse as condicións en que deba desenvolverse a actividade de visita a monumentos e outros equipamentos culturais e procurarase evitar o tránsito por zonas ou lugares susceptibles de xerar aglomeracións.

Centros recreativos turísticos, zoológicos e acuarios.
Poderán realizar a súa actividade sempre que se limite a súa capacidade total aos dous terzos e ao cincuenta por cento nas atraccións, mantendo as debidas distancias ou, na súa falta, usando as alternativas de protección física (máscara). As visitas de grupos serán dun máximo de até 25 persoas, incluído o monitor ou guía

Discotecas e resto de establecementos de lecer nocturno
Os locais de discotecas e demais establecementos de lecer nocturno poderán manter abertas ao público exclusivamente as terrazas ao aire libre cun máximo de aforamento do 75% das mesas permitidas no ano anterior, para consumo sentado en mesa, nas condicións que se indican a continuación, xa que do mesmo xeito que as verbenas e as atraccións de feira, non se contempla a súa reapertura completa até o 1 de xullo.

Establecementos e locais de xogo e apostas.
Os casinos, establecementos de xogos colectivos de diñeiro e de azar, salóns de xogo, salas de bingo, salóns recreativos, rifas e tómbolas, locais específicos de apostas e outros locais e instalacións asimilables aos de actividade recreativa de xogos e apostas, conforme estableza a normativa sectorial en materia de xogo, poderán realizar a súa actividade sempre que non se superen os dous terzos da capacidade permitida, mantendo a distancia de seguridade interpersoal nas súas instalacións, especialmente na disposición e uso das máquinas ou de calquera outro dispositivo de xogo nos locais e establecementos en que se desenvolvan actividades ou, na súa falta, para a utilización de medidas alternativas de protección física con uso de máscara.

15 de Xuño de 2020

Galicia estrea a “nova normalidade”

Aforamentos ao 75% en Galicia, máscaras e distanciamento social marcarán o comezo desta nova fase tras o final da estado de alarma para os nosos territorios […]
10 de Xuño de 2020

Galicia sitúase á cabeza nos destinos elixidos polos viaxeiros para facer escapadas gastronómicas, turismo termal e relixioso

Turismo de natureza, deporte, sol e praia, as tendencias para as vacacións dos españois deste ano O barómetro turístico de Braintrust avanza que serán os mozos […]
05 de Xuño de 2020

Galicia en fase 3: a xestión da desescalada pasa ás comunidades autónomas

De avanzar a esta nova fase a partir do 8 de xuño, os galegos poderían comezar a mobilidade interprovincial, aínda que non entre comunidades autónomas, unha […]
28 de Maio de 2020

Ruta do Viño Rías Baixas no top 10 do enoturismo español en cifras de visitantes

Adegas e museos de Rías Baixas recibiron no último exercicio case un 7% máis de turistas, destacando especialmente as visitas a adegas Ruta do Viño Rías […]