A ponte de maio pechouse en Galicia cunha ocupación dispar que podemos situar entre o 60 e o 80% e no que o tempo finalmente non foi un aliado propicio para tirar das ocupacións cara arriba, especialmente no mercado nacional e de proximidade. Como é habitual nas estimacións do Clúster, estas obeceden a pequenas enquisas entre os asociados, o que nos permite ter unha estimación máis cualitativa que cuantitativa, polo que ao universo da enquisa refírese.

Así, a partir das valoracións proporcionadas por representantes do sector, principalmente hoteleiro, obtívose información acerca dos resultados no tocante á ocupación e os prezos, que nos sitúan en cifras similares ás de Semana Santa. Se centramos o foco simplemente no fin de semana, concretamente na noite do sábado, o dato elévase nalgúns casos á contorna do 90% e mesmo rozando o cheo. Pola súa banda, en canto ao prezo, a información varía dependendo da procedencia das empresas entrevistadas, pero a tónica xeral reflicte que estes se mantiveron ou experimentaron lixeiros incrementos.

Por provincias podemos establecer que na Coruña se rexistraron cifras de ocupación do 75-80%, chegando nalgúns casos ao 100% na noite do sábado. O feito de tratarse dunha ponte, unido á celebración do partido Deportivo ? Barcelona permitiron alcanzar indicadores superiores aos de calquera outro fin de semana. Respecto das tarifas, estas incrementáronse entre 2 e 3 euros, aínda que nalgún caso fálase de incrementos de máis de 10 euros por habitación.
En Santiago de Compostela obsérvanse moi boas ocupacións na noite do sábado, sobre o 85%, aínda que a cifra global da ponte redúcese ao 60-65%. O prezo non experimentou significativas variacións.
Na provincia de Lugo, as cifras de ocupación reflicten a dinámica experimentada en toda a comunidade, con datos do 85-90% para as noites de venres e sábado, baixando á contorna do 75% o indicador para as noites de domingo e luns.
Desde a provincia de Ourense apúntase á meteoroloxía como un hándicap aínda que os establecementos consultados na capital das Burgas falan de datos próximos ao cheo para as noites de venres e sábado, baixando lixeiramente a cifra o domingo. As tarifas non experimentaron cambios significativos.
Pola súa banda, o global da provincia de Pontevedra roldou o 60% de ocupación na presente ponte, observándose incrementos nos prezos dun 2-3%.
Por último, os aloxamentos rurais manexan unha porcentaxe do 30% de ocupación, tendo en conta tamén os 4 días, con tarifas similares ás de Semana Santa.

02 de Maio de 2018

Unha ponte de maio con ocupacións similares a Semana Santa

A ponte de maio pechouse en Galicia cunha ocupación dispar que podemos situar entre o 60 e o 80% e no que o tempo finalmente non […]
03 de Abril de 2018

En marcha os traballos de diagnóstico do Plan Estratéxico de Turismo Rural de Galicia

Co obxectivo de ofrecer un diagnóstico pormenorizado da situación actual, definir os principais retos e estratexias e primar as accións concretas que se van a realizar […]
02 de Abril de 2018

O sector turístico galego fai balance positivo dunha Semana Santa marcada pola climatoloxía adversa

Consideran que o destino turístico foi capaz de contrarrestar o tempo inestable cunha sólida oferta turística cultural, enogastronómica e termal que consolida a marca Galicia O […]
12 de Marzo de 2018

Galicia foi posta como exemplo de regulación exitosa das vivendas de uso turístico nun foro celebrado na ITB Berlin

O CTG concliu a súa cuarta misión comercial en Alemaña con medio centenar de encontros profesionais celebrados O Clúster Turismo de Galicia, da man do seu […]