Formacion

Co obxectivo de continuar colaborando na mellora das capacidades e cualificaciones profesionais dos perfís directivos do sector turístico galego, o Clúster Turismo de Galicia lanza unha nova edición do seu Plan de Formación, nesta ocasión da man de IFEE Business School e con apoio da Axencia de Turismo de Galicia. Trátase de máis de 150 horas de formación gratuíta que se articula sobre os eixos da profesionalización, rendibilidade e eficiencia do sector. Ao mesmo tempo, serve para achegar aos asociados do Clúster as últimas tendencias e ferramentas relacionadas co desenvolvemento dunha actividade estratéxica para a economía galega.

A capacitación, que se desenvolverá nos meses de outubro e novembro en nove puntos diferentes da xeografía galega, permitirá achegar a formación a algúns dos principais destinos turísticos da Comunidade como Santiago, A Coruña, Vigo, Lugo, Ourense, Sanxenxo, Monforte, Ribadeo ou Lalín.

A tipoloxía de accións, todas elas sen custo para os asistentes, abarcan desde un Programa Superior de Dirección de Empresas Turísticas (Santiago de Compostela), no cal se abordan as áreas relevantes para a xestión dunha empresa turística a cinco talleres cun marcado enfoque técnico, nos que, e da man de reputados expertos na materia, trataranse cuestións como a sustentabilidade e eficiencia na xestión das empresas turísticas (A Mariña), o estudo e análise de bases de datos e outras fontes para incrementar o negocio (Vigo), a aplicación de estratexias de e-mercadotecnia na empresa turística (A Coruña), a innovación no deseño do produto turístico (Lalín) ou como vender sempre ao mellor prezo (Sanxenxo).

Algúns dos relatores que nos acompañasen serán Diego Fernández Pérez de Poña, Jorge Vallina Crespo, Clemen Rodríguez, Beatriz Pereira, Xosé Luís Reza, Javier Corrochano, Patricia Cuevas ou Jimmy Pons.

A oferta formativa completarase con catro seminarios de xestión estratéxica a través do modelo Canvas (A Coruña, Monforte, Ourense e Vigo), destinados a que as persoas participantes poidan realizar unha completa análise do seu modelo de negocio para así identificar as áreas nas que xeran valor para o seu cliente e tres talleres de habilidades de comunicación (Ourense Lugo e Sanxexno), encamiñados a dar a coñecer as ferramentas e recursos para a comunicación e as claves dos líderes no sector.

Para inscribirse e obter información adicional sobre estas actividades, acceda á seguinte dirección: http://www.iffe.es/formacion-cluster-turismo-galicia/

Podes descargar o díptico con toda a información aquí

29 de Setembro de 2016

Máis de 150 horas de formación gratuíta para profesionais da man do noso Plan de Formacion

Co obxectivo de continuar colaborando na mellora das capacidades e cualificaciones profesionais dos perfís directivos do sector turístico galego, o Clúster Turismo de Galicia lanza unha […]
20 de Setembro de 2016

A Feira Internacional de Galicia desenvolve até outubro un programa de formación para pemes turísticas

Baixo o título “Preparación de Pemes Turísticas Galegas para a súa Asistencia e Aproveitamento das Bolsas Internacionais de Contratación”, a Feira Internacional de Galicia A Banca, […]
16 de Setembro de 2016

Taller formativo en redes sociais de Feprohos

O posicionamento adecuado nas redes sociais xoga cada vez máis un peso maior na reputación dun establecemento hostaleiro ou de restauración. Dispor dun bo posicionamento nas […]
14 de Setembro de 2016

Responsabilízate, un programa para a implantación da RSE nas empresas galegas

Co obxectivo de seguir impulsando a implantación da RSE no tecido empresarial galego, a Consellería de Economía, Emprego e Industria puxo en marcha o programa Responsabilizate, […]