• 115 profesionais participaron no acto promovido pola Xunta de Galicia, o Clúster Turismo de Galicia e a OET de Varsovia.
  • No que vai de ano, Galicia recibiu a preto de 20.000 turistas polacos, un 35% máis que durante o mesmo período no ano anterior.

 

Entre turoperadores, xornalistas, prescritores e autoridades, máis dun cento de profesionais do sector turístico déronse cita a semana pasada no Museo Etnográfico de Varsovia, que acolleu a presentación institucional do destino Galicia. O evento, que sumou a participación de ata 115 profesionais, foi organizado en colaboración coa Xunta de Galicia, a OET de Varsovia e a Embaixada de España en Polonia.

 

Durante a xornada levouse a cabo un workshop profesional entre empresarios turísticos polacos e galegos. En total, máis de 70 axentes polacos participaron no evento, mantendo reunións cos responsables das empresas galegas Galiwonders, Rutas Meigas, Pilgrim Travel, Viajes Interrías, e descubrindo a marca Galicia Destino Sostible, que tamén participou co obxectivo de dar a coñecer a ampla oferta sostible da comunidade galega. A xornada rematou cun cóctel e cunha actuación musical de Xisco Feijóo.

 

O presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, estivo acompañado no acto de, entre outras autoridades, o Embaixador de España en Varsovia, Ramiro Fernández Bachiller; o Conselleiro de Turismo da Embaixada, Claudio Andrade Lucena; e o xerente de Turismo de Galicia, Antonio Casas. Tódalas autoridades coincidiron na importancia de darlle continuidade á promoción internacional en mercados de interese para Galicia, como o polaco, que ademais ten fortes vencellos co Camiño de Santiago.

 

Nos últimos tempos o turismo polaco demostra a súa capacidade de crecemento. No que vai de ano, Galicia xa rexistrou preto de 20.000 turistas deste país, e ata 120.000 pernoctacións. Estas cifras superan en máis do 35% as rexistradas no ano pasado durante o mesmo período. Son turistas de larga estadía, aos que interesa dar a coñecer todos os recursos turísticos que teñen ao seu alcance vencellados a Galicia.

03 de Outubro de 2023

Máis dun cento de profesionais danse cita na presentación do destino Galicia e no workshop de Varsovia

115 profesionais participaron no acto promovido pola Xunta de Galicia, o Clúster Turismo de Galicia e a OET de Varsovia. No que vai de ano, Galicia […]
26 de Setembro de 2023

O Clúster de Turismo achega a iniciativa ‘Galicia Destino Sostible’ a axencias de viaxe nacionais e estranxeiras a través dunha viaxe de familiarización

Durante tres días os representantes das axencias de viaxe gozaron dalgunhas das experiencias de turismo sostible que ofrece a plataforma. O pasado xoves, 21 de setembro, […]
23 de Maio de 2023

O Clúster de Turismo presenta o 31 de maio un sistema gratuíto de monitorización e análise de datos de ocupación de establecementos de aloxamento

O mércores, 31 de maio, terá lugar unha sesión informativa no Centro GaiásTech, que tamén se poderá seguir por streaming. A sesión está dirixida a propietarios […]
16 de Maio de 2023

O Clúster de Turismo presenta un sistema de monitorización e análise de datos de ocupación de establecementos de aloxamento

O sistema nace froito da colaboración do Clúster de Turismo con GaiásTech e Optimizadata. O 31 de maio terá lugar unha sesión informativa no Centro GaiásTech […]