Talleres, contacontos, actividades lúdicas, percorridos didácticos, exhibicións artísticas,… a Cidade da Cultura celebra o sábado 21 de maio o Día dos Museos, unha xornada de portas abertas chea de actividades para gozar coa familia.
Ese día, e aproveitando que segue en marcha a exposición sobre moda e téxtil Con´fio en Galicia, o Museo do Gaiás convida a todo aquel que estea interesado a aproximarse á cultura galega a través da moda e do téxtil.
Entre as actividades que se ofertan estará a de ser artista por un día e fabricar un tecido colectivo, coñecer de primeira man o proceso tradicional da elaboración do liño ou a la, descubrir de onde vén a seda, facer da roupa usada unha obra de arte, participar nunha ilustración xigante, divertirse cos contos de Montse Rivera ou elaborar as pezas do futuro. Un amplo programa totalmente gratuíto que inclúe visitas especiais á mostra Con-fío en Galicia , con xogos e actividades pensados para todas as idades.

16 de Maio de 2016

A Cidade da Cultura celebra o Día dos Museos 2016

Talleres, contacontos, actividades lúdicas, percorridos didácticos, exhibicións artísticas,… a Cidade da Cultura celebra o sábado 21 de maio o Día dos Museos, unha xornada de portas […]
11 de Maio de 2016

Máis de 400 participantes na primeira edición do GastroFÓRUM do CSHG

Catas e degustacións, pero tamén mesas redondas e debate ao redor da cociña galega, as súas tendencias e o seu futuro. A primeira edición do GastroFÓRUM […]
02 de Maio de 2016

O Centro Superior de Hostalaría de Galicia celebra o seu primeiro GastroFÓRUM

O 9 e 10 de maio o Centro Superior de Hostalaría de Galicia celebrará o seu primeiro Foro Gastronómico, o GastroFÓRUM 2016, unha iniciativa na que […]
27 de Abril de 2016

O Ano Santo da Misericordia contará cunha programación especial

No marco da celebración das Xornadas Internacionais de estudo e actualidade “Misericordia e Peregrinación” que se celebraron en Compostela co obxectivo de seguir profundando na idea […]