• O evento, que se celebrará o 19 de decembro en Lalín, está dirixido ás empresas turísticas de receptivo que operan no territorio.
  • O encontro pretende fomentar o coñecemento da oferta turística, especialmente as propostas máis innovadoras, entre os axentes turísticos galegos.

O vindeiro 19 de decembro, o Edificio Sociocultural Manuel Rivero en Lalín converterase no epicentro do turismo galego coa celebración do “Networking Rías Baixas: Turismo que une: Redes de traballo para a conformación de experiencias turísticas”. Este evento, organizado polo Clúster de Turismo de Galicia en colaboración coa Deputación de Pontevedra e Turismo de Galicia, busca fortalecer a comercialización do destino Galicia e ampliar a súa oferta turística a través do traballo conxunto entre as empresas do sector.

 

O encontro pretende fomentar o coñecemento da oferta turística, especialmente as propostas máis innovadoras, entre os axentes turísticos galegos. Deste xeito, as empresas de receptivo poderán incorporar estas actividades nas súas propostas de valor, contribuíndo a consolidar Galicia como un destino atractivo e competitivo.

 

Programación do evento

 

  • Inicio: Ás 9:00 horas, cun relatorio sobre a conformación da oferta turística no territorio.
  • Workshop: Sesión de dúas horas con formato de axendas personalizadas para facilitar contactos entre empresas.

 

O evento está dirixido a:

 

  • Empresas de receptivo (compradores): 25 prazas dispoñibles, con prioridade ás AAVV maioristas de receptivo.
  • Empresas vendedoras: Ata 25 establecementos de aloxamento (excluíndo vivendas de uso turístico) e ata 25 empresas de oferta complementaria. Darase prioridade ás empresas creadas nos últimos tres anos.

 

Inscricións

 

As empresas interesadas en participar deberán inscribirse antes do mércores 11 de decembro a través do seguinte formulario. Recoméndase proporcionar información completa e precisa, xa que será utilizada para confeccionar as axendas. A asistencia estará limitada a unha persoa por entidade para garantir unha xestión eficiente do evento.

10 de Decembro de 2024

Clúster e Deputación de Pontevedra organizan a xornada ‘Networking Rías Baixas: turismo que une’

O evento, que se celebrará o 19 de decembro en Lalín, está dirixido ás empresas turísticas de receptivo que operan no territorio. O encontro pretende fomentar […]
03 de Decembro de 2024

Clúster e Deputación de Pontevedra organizan a xornada “Networking Galicia: Turismo que une”

O obxectivo do evento é fomentar o coñecemento da oferta turística galega, especialmente aquela máis recente e innovadora. O Clúster de Turismo de Galicia e a […]
26 de Novembro de 2024

Así foi a xornada divulgativa sobre a competencia do sector turístico de Galicia, organizada polo Clúster coa colaboración da Comisión Galega da Competencia

A xornada, que tivo lugar o pasado 19 de novembro, revelou información relevante para a toma de decisión dos establecementos de aloxamento de Galicia. O Clúster […]
12 de Novembro de 2024

O Clúster e a Comisión Galega da Competencia organizan unha xornada divulgativa centrada na resolución “Booking” e na presentación do Sistema SIMADA

O evento terá lugar o 19 de novembro no Centro GaiásTech. A través desta ligazón podes consultar o programa completo e realizar a túa inscrición. A […]