O Antigo Hospicio de Ferrol o xoves 30 de novembro o primeiro Workshop de Costa das Ondas, unha iniciativa impulsada co obxectivo de servir de punto de encontro profesional para todas as empresas vinculadas ao sector do surf e, especialmente, para aquelas asociadas a Costa das Ondas, o produto turístico de surf do destino de Ferrolterra que impulsa a Mancomunidade co apoio da Xunta e a Deputación.
O evento dará comezo ás 16:00h e contará coa presenza de personalidades do sector turístico que abordarán a importancia da profesionalización do sector e a creación de sinerxías para o desenvolvemento local. A continuación dará comezo o workshop onde as empresas participarán en pequenas reunións co fin de crear relacións que impulsen a competitividade das empresas turísticas e do conxunto do sector empresarial do territorio.
Ao encontro están chamadas a participar todo tipo de empresas relacionadas coa práctica do surf e o turismo activo e de natureza, desde axencias de viaxes a escolas de surf, pasando por negocios de restauración, surf houses, hoteis e casas rurais, tendas de material de surf, empresas de fotografía, imaxe, deseño gráfico e webs, así como xestores de contidos e de redes sociais.A xornada contará coa participación dun representante do Clúster de Turismo de Galicia e de empresas como Abanca, Turvegal ou Pantín Surf Camp, entre outras. A inscripcion é gratuíta e pódese formalizar na web de Costa das Ondas.

27 de Novembro de 2017

Costa das Ondas organiza un taller para impulsar o turismo de surf na comarca

O Antigo Hospicio de Ferrol o xoves 30 de novembro o primeiro Workshop de Costa das Ondas, unha iniciativa impulsada co obxectivo de servir de punto […]
02 de Novembro de 2017

Selos e opinións centraron o V Foro Proturga

O Hostal dos Reis Católicos acolleu a quinta edición do Foro Proturga, impulsado por esta entidade de agrupa aos profesionais do Turismo en Galicia. Nesta ocasión […]
30 de Outubro de 2017

Unha vintena de clubs e asociacións náuticas danse cita no Galicia Nautic Destination

O Parador Nacional de Baiona acolleu o congreso de turismo náutico europeo Galicia, Atlantic Destination, no que representantes dunha vintena de clubs e asociacións náuticas do […]
23 de Outubro de 2017

Programa especial cheo de actividades para conmemorar o 30 aniversario do Camiño de Santiago como primeiro itinerario cultural europeo

Compostela acollerá ata o próximo 18 de novembro un completo programa composto por unha serie de seminarios, congresos e actividades con motivo da celebración do 30 […]