Expourense, a través da súa marca Termatalia,Fundación Semana Verde de Silleda e a Federación de Hostalaría de Ourense puxeron en marcha un proxecto conxunto coa vinculado ao Concurso de Ideas do Clúster de Turismo de Galicia

A primeira destas accións executouse onte co showcooking impartido polo chef Xullo Mato o Río en Turexpo, Silleda

Expourense, a través da súa marca internacional “Termatalia”, puxo en marcha un proxecto que ten o obxectivo de promocionar Galicia como destino de turismo de saúde, médico e saudable. Fundación Semana Verde de Galicia e a Federación Provincial de Hostalaría de Ourense acompañan neste proxecto que foi presentado ao Concurso de ideas lanzado polo Clúster de Turismo de Galicia co apoio da Xunta.

Para levar a cabo este obxectivo de promocionar a Galicia como destino de turismo de saúde e médico, o tres entidades implicadas puxeron en marcha unha serie de accións que promocionan tamén a oferta complementaria, e da que forman parte a gastronomía saudable e sustentable ou o comercio. A primeira delas executouse no marco da feira Turexpo que se celebra en Silleda ata o vindeiro domingo. Tratouse do Taller de Gastronomía Saudable impartido polo chef galego Xullo Mato o Río, xefe de cociña do Ecochotel Nos, que elaborou en directo pratos de cociña fusión con produtos galegos e quilómetro cero. Coincidindo coa inauguración da feira internacional Semana Verde Abanca na que se enmarca Turexpo, visitaron a “Corner Cooking” a conselleira do Medio Rural, Ánxeles Vázquez, a directora de Turismo Nava Castro e a directora de Agricultura, Belén Docampo, ademais do secretario do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, que acompañou a presentación do showcooking.
A seguinte acción dentro deste proxecto será unha xornada formativa sobre cociña galega no castelo de Maceda impartida polo chef Carlos Parra, o próximo 20 de xuño.
Este proxecto concluirá coa celebración en Brasil, en Foz do Iguaçu, entre o 12 e o 14 de setembro da próxima edición de Termatalia, Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar. No marco da Bolsa de Contratación Turística e ante operadores de turismo dunha vintena de países presentarase un Catálogo que recolle da oferta en turismo de Saúde e Médico de Galicia. Ademais, esta feira contará cunha Aula de Alimentación saudable na que participará un chef galego.

11 de Xuño de 2018

Impulso de accións de formación e promoción para impulsar Galicia como destino saudable

Expourense, a través da súa marca Termatalia,Fundación Semana Verde de Silleda e a Federación de Hostalaría de Ourense puxeron en marcha un proxecto conxunto coa vinculado […]
01 de Xuño de 2018

Preto de 200 profesionais déronse cita nos workshops do Clúster de Turismo en Oviedo e Valladolid

Turoperadores de Asturias e Castela e León mantiveron encontros profesionais cos máis de 40 empresarios galegos Impulsados polo Clúster Turismo de Galicia en colaboración con Turismo […]
30 de Maio de 2018

Monterrei, Valdeorras e Ribeira Sacra celebran esta fin de semana as súas Xornadas de Puertas Abertas

Tralo éxito obtido polas actividades celebradas durante as xornadas de Portas Abertas das Rutas do Viño de Rías Baixas e Ribeiro, celebradas o último fin de […]
29 de Maio de 2018

Os visitantes a Santiago, A Coruña e Vigo suman o 60% do total de viaxeiros que elixiron Galicia no primeiro trimestre do ano

Compostela acolleu o primeiro Partners Event de Expedia Group en Galicia nun acto no que se deron a coñecer algúns datos extraídos dos usuarios de Expedia […]