Santiago de Compostela e Baiona acolleron esta semana senllas charlas informativas ofrecidas pola Axencia de Turismo de Galicia para dar conta da normativa que regulará as Vivendas de Uso Turístico e que se aprobará previsiblemente despois do verán. Mediante as presentes convocatorias desde Turismo de Galicia preténdese chegar a todos os interesados e entidades representativas do sector para participar en sesións dinámicas nas que poderán exporse as cuestións e dúbidas que xurdan da súa futura aplicación desta normativa que compete tanto a vivendas e apartamentos turísticos como ás denominadas como Vivendas de Uso Turístico. O obxectivo destas xornadas non é outro que o dar a coñecer as novidades que se pretenden introducir coa aprobación deste decreto no que a principal novidade é a necesidade de levar a cabo unha sinxela inscrición nun rexistro público desta nova tipoloxía de aloxamentos. Esta regulación afecta as vivendas que se aluguen por períodos curtos (inferior a 30 días), mantendo a regulación mediante a Lei de Arrendamentos Urbanos, no resto dos casos. En todo caso a entrada en vigor está prevista para despois da tempada de verán de 2016.

A nova norma está chamada a erradir problemas vinculadas a estas prácticas no ámbito económico-social, fiscal e de tributos e garantir a calidade e a seguridade das persoas usuarias, facendo fronte ao intrusismo ou á competencia desleal. A irrupción das novas tecnoloxías no aluguer de vivendas vacacionais e a tendencia a destinar a este fin a vivenda habitual fan necesario adaptarse á nova realidade para ofrecer seguridade xurídica tanto aos particulares como ao sector ante un novo tipo de aloxamento turístico.

Actualmente, en España só hai cinco autonomías que teñen en vigor unha normativa deste tipo: Cataluña, Madrid, Aragón, Canarias e Andalucía. Galicia xa someteu a súa proposta a información pública e incorporou as alegacións e suxestións oportunas, estando actualmente na fase final, na que se está dando a coñecer ao sector antes de proceder á súa aprobación.

¿Qué define unha Vivenda de Uso Turístico?

12 de Maio de 2016

Compostela e Baiona acolleron senllas charlas sobre a nova normativa de Vivendas de Uso Turístico

Santiago de Compostela e Baiona acolleron esta semana senllas charlas informativas ofrecidas pola Axencia de Turismo de Galicia para dar conta da normativa que regulará as […]
10 de Maio de 2016

DECRETO 48/2016 de ordenación dos albergues turísticos

Descarga
03 de Maio de 2016

Turismo de Galicia presenta a nova normativa de Vivendas de Uso Turístico ao sector

A través de charlas informativas, a Axencia de Turismo de Galicia está a levar a cabo unha tarefa de información ao sector respecto da normativa que […]
02 de Maio de 2016

O Clúster Turismo de Galicia asume a elaboración do Plan Estratéxico do Turismo de Galicia 2017-2020

O Clúster do Turismo de Galicia asumirá a tarefa de elaborar o próximo Plan Estratéxico do Turismo de Galicia, no que se establecerán os eixos fundamentais […]