A iniciativa desenvolverase en outubro en Málaga e Sevilla en días consecutivos, e o 30 de outubro en Lisboa e contará coa participación de 40 empresas turísticas galegas

Co obxectivo de dar a coñecer a oferta turística da nosa comunidade, o Clúster de Turismo de Galicia está a organizar dúas xornadas presentación que terán lugar en Málaga, o día 22 de outubro, e en Sevilla, o día 23 de outubro nos que se desenvolverán senllos workshops con axentes de viaxes da zona. Despois de dar a coñecer a oferta turística á turoperación andaluza, os workshops de achegamento da oferta turística galega concluirán por este ano cun terceiro encontro que terá lugar o 30 de outubro en Lisboa, continuando así coa iniciativa levada a cabo o ano pasado, cando levou a cabo unha xornada en Porto.

Até un total de 40 empresas galegas poderán tomar parte nesta iniciativa coa que o Clúster Turismo de Galicia dá continuidade ás xornadas de presentación da oferta turística que xa realizou en Salamanca, Valladolid, Xixón e Porto. O obxectivo é favorecer o desenvolvemento de sinerxías co sector turístico de cidades coas que o territorio galego ten conexións aéreas directas. Para iso as xornadas incluirán workshops con turoperadores andaluces e portugueses, unha xornada de presentación e un cocktail no que os produtos galegos serán os protagonistas.

O prazo para que as empresas turísticas galegas interesadas en participar fagan o seu reserva xa está aberto no caso dos workshops de Málaga e Sevilla. No workshop estará presente unha persoa por empresa (en caso de querer asistir dous, é preciso solicitalo e a asistencia da segunda persoa estaría suxeita a dispoñibilidade unha vez expirado o prazo de solicitudes) e as prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición, , polo que desde a secretaría técnica do CTG rógase que os interesados realicen a súa solicitude no seguinte formulario. O prazo máximo para realizar a inscrición será o día 30 de setembro ás 14:00 horas.

16 de Setembro de 2019

O Clúster Turismo de Galicia organiza tres xornadas de achegamento da oferta turística galega

A iniciativa desenvolverase en outubro en Málaga e Sevilla en días consecutivos, e o 30 de outubro en Lisboa e contará coa participación de 40 empresas […]
11 de Setembro de 2019

O Clúster de Turismo de Galicia prepara unha nova misión comercial á feira internacional de turismo de Londres

Como en edicións anteriores, o Clúster Turismo de Galicia xa está a preparar a misión comercial internacional coa que concluirán as accións de promoción de destino […]
10 de Setembro de 2019

Galicia supera con nota un verán de tempo inestable ao que o sector turístico galego soubo sacarlle bos resultados

As previsións de ocupación en agosto situaríanse entre o 85% ao 90% no conxunto do territorio cun bo comportamento da rendibilidade A falta de coñecer os […]
28 de Agosto de 2019
Convencion ASTA

Empresas galegas asisten en Miami á Convención Global ASTA para achegar a oferta da nosa comunidade ao mercado estadounidense

Empresas galegas participan esta semana na Convención Global ASTA organizada pola Asociación de Axencias de Viaxes Americanas que se está a celebrar na cidade de Miami. […]