A Xunta publicará ao longo desta semana o sistema para que os potenciais beneficiarios poidan solicitar o bono

Paradores, hoteis de cinco e catro estrelas, emprazamentos singulares como balnearios, pazos ou faros e medio centenar de axencias de viaxes forman parte das máis de 200 empresas que se adheriron ao Bono Turístico QuedamosenGalicia desde a súa posta en marcha. O prazo para as empresas continuará aberto durante toda a duración do programa, até o 13 de decembro. Os bieneficiarios, preto de 20.000 empregados dos sectores sanitario e sociosanitario, poderán coñecer o sistema de solicitude e goce do bono ao longo desta semana, tendo en conta que se publique en ele DOGA

Entre as empresas adheridas ao Bono Turístico tamén figuran máis dunha vintena de establecementos de turismo rural, balnearios ou outros emprazamentos singulares como pazos, faros ou semáforos turísticos, conformando unha oferta de calidade e sustentable baseada nalgúns dos principais valores do modelo turístico galego, como son a enogastronomía, a paisaxe ou o termalismo.

Entre as opcións que ofertarán aos beneficiarios destacan produtos turísticos ou experiencias que deberán ofrecer un desconto mínimo do 15% sobre o prezo común do servizo e cumprir coas medidas hixiénico-sanitarias adecuadas para garantir a máxima seguridade para traballadores e usuarios. Ademais, as empresas adheridas recibirán asesoramento por parte da Xunta e o Clúster de Turismo de Galicia sobre as dúbidas que presenten relacionadas coa operativa do mesmo.

Concesión por orde de inscrición
A previsión que manexa a Xunta é que ao longo desta semana se abra o prazo de presentación de solicitudes para os beneficiarios, preto de 20.000 empregados dos sectores sanitario e sociosanitario que poderán solicitar o Bono Turístico de maneira totalmente voluntaria. O bono farase efectivo a través da entrega aos beneficiarios dun cartón prepago da entidade financeira Abanca cun importe de 250 euros que poderá ser utilizada até o 13 de decembro nos establecementos ou produtos turísticos adheridos. Coincidindo coa apertura do proceso de inscrición informarase os usuarios dos pasos a seguir para efectuar as súas solicitudes de maneira telemática.

20 de Xullo de 2020

Hoteis de catro e cinco estrelas, emprazamentos singulares… máis de 200 empresas adscribíronse xa ao Bono Turístico

A Xunta publicará ao longo desta semana o sistema para que os potenciais beneficiarios poidan solicitar o bono Paradores, hoteis de cinco e catro estrelas, emprazamentos […]
07 de Xullo de 2020

O Clúster Turismo de Galicia aproba o seu orzamento anual marcado polo impacto do coronavirus no sector

Aprobouse un plan de accións que inclúen accións de apoio e asesoramento ás empresas para o proceso de reactivación do sector O máximo órgano da entidade […]
02 de Xullo de 2020

Aberto prazo de inscrición para as empresas turísticas que desexen adherirse ao Bono Turístico #QuedamosenGalicia

Aloxamentos turísticos e axencias de viaxes galegas inscritas no REAT poden sumarse a esta iniciativa conxunta da Xunta e Clúster Turismo de Galicia para reactivar o […]
22 de Xuño de 2020

O Clúster reinvidica a idoneidade de medidas como o Bono Solidario para impulsar o consumo interno

A iniciativa de pór en marcha bonos para incentivar o consumo interno xa foi recollida no Plan de Reactivación a proposta do sector turístico galego O […]