Santiago de Compostela acolle hoxe e mañá estas xornadas organizadas pola Amtega e a Axencia Turismo de Galicia.

 

O presidente do Clúster, Cesáreo Pardal, é un dos invitados a contribuír a definir o modelo turístico transfronteirizo para Galicia e o Norte de Portugal.

 

Santiago de Compostela convértese por dous días en punto de encontro dos especialistas e os interesados nos Destinos Turísticos Intelixentes. A Cidade da Cultura de Galicia acolle este luns día 10 e o martes 11, os Foros EDIT, organizados pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Axencia Turismo de Galicia no marco do proxecto transfronteirizo EDIT que están a levar a cabo en colaboración cun partenariado de entidades do Norte de Portugal para “mellorar a xestión dos recursos turísticos e a información sobre a súa actividade a través das TIC, transformando o modelo turístico en base á innovación, tecnoloxía, sustentabilidade e accesibilidade para incrementar a competitividade e rendibilidade do destino”.

 

O obxectivo dos Foros EDIT é reunir a destacados expertos na materia para dar visibilidade aos Destinos Turísticos Intelixentes e abordar as cuestións relativas ao seu significado, importancia e implementación desde distintos ámbitos. A primeira xornada céntrase nas plataformas, as experiencias e a sustentabilidade no turismo, mentres que a segunda está orientada á importancia de desenvolver unha estratexia turística en base aos datos.

 

O presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, é un dos invitados a participar nos foros. Xunto á directora da área de Competitividade de Turismo de Galicia, Ana Lestido, participa no peche da primeira das dúas xornadas previstas.

 

Estas dúas xornadas de actividades reunirán a representantes das administracións públicas, o mundo empresarial, o ámbito da investigación e académico, os centros tecnolóxicos, os axentes locais e a universidade, para analizar e debater o modelo turístico do proxecto transfronteirizo entre o Norte de Portugal e Galicia. Todas as sesións poden ser seguidas en streaming a través de https://youtu.be/DrMU1ZnoSBg

10 de Outubro de 2022

O Destinos Turísticos Intelixentes, a análise nos Foros EDIT

Santiago de Compostela acolle hoxe e mañá estas xornadas organizadas pola Amtega e a Axencia Turismo de Galicia.   O presidente do Clúster, Cesáreo Pardal, é […]
03 de Outubro de 2022

Proveitosa participación do Clúster nas Xornadas Directas de Turespaña en América do Sur

A entidade levou aos workshops celebrados en Sao Paulo e Bos Aires un catálogo de 20 axencias de receptivo, que compartiu con máis dun centenar de […]
22 de Setembro de 2022

O Clúster promociona Galicia en Sao Paulo e Bos Aires

A entidade, tres empresas e outros representantes galegos participan nas Xornadas Directas en América do Sur organizadas por Turespaña.   As actividades desenvolveranse na cidade brasileira […]
26 de Xuño de 2022

Galicia reforzou o vínculo entre o Camiño de Santiago e Alemaña con encontros empresariais en Hamburgo e Frankfurt

O Clúster Turismo de Galicia participou xunto cunha representación empresarial especializada na ruta nos workshops organizados pola Axencia de Turismo para presentar o Xacobeo 21-22.   […]