Con motivo da conmemoración do Ano Europeo do Patrimonio Cultural en 2018, Galicia está a liderar o deseño da que será a estratexia europea que incentive o debate e propoña plans de acción para garantir a sustentabilidade turística do patrimonio cultural europeo.

Como líder do grupo de traballo de turismo cultural de NECSTouR, a Rede de Rexións Europeas para un turismo sustentable e competitivo, Galicia está a profundar en toda a planificación prevista para o ano que vén con vistas a buscar unha política común de turismo e cultura na Unión Europea e unha estratexia que axude a situar o turismo como “un sector aliado” dun patrimonio cultural que “poida ser gozado á vez que é protexido e revalorizado”.

Para iso, as accións buscan que os máis de 60 membros de nove países que forman parte desta rede europea elaboren e asinen un manifesto que profunde no turismo como factor revalorizador do patrimonio e reforce o sentido de pertenza dos cidadáns mentres se fomenta o crecemento económico e o desenvolvemento laboral nas rexións nas que se practica.

Reunións en Fitur

Tamén está previsto un calendario de reunións entre as rexións membro que comezarán o próximo mes de xaneiro durante a Feira Internacional de Turismo (Fitur) e que continuarán noutras datas craves do calendario turístico.
Galicia terá a oportunidade de compartir as experiencias de boas prácticas realizadas na Comunidade galega, onde o modelo turístico “planificado mediante a Estratexia do turismo de Galicia 2020 traballa para garantir a preservación dos espazos especialmente sensibles e a conservación da súa autenticidade e dos seus valores patrimoniais”.
De feito, dos 240 millóns de euros de orzamento da Estratexia, a maior parte están destinados a cuestións que teñen que ver coa sustentabilidade no territorio. Ademais de compartir boas prácticas, todas elas formarán parte dun catálogo que permitirá deseñar as accións futuras. Tamén se profundará no papel que está a ter o turismo cultural para reducir a estacionalidade e para redistribuír os fluxos turísticos e atraer visitantes que xeren sustentabilidade.
Do mesmo xeito, e para atopar solucións comúns aos desafíos actuais, impulsarase a difusión do patrimonio nas escolas e os seus novos usos axudando a reinventar antigos espazos baixo estándares de calidade. Buscaranse, ademais, alianzas estratéxicas con institucións turísticas europeas.

02 de Xaneiro de 2018

Galicia lidera a estratexia europea que impulsará o uso turístico sustentable do Patrimonio Cultural

Con motivo da conmemoración do Ano Europeo do Patrimonio Cultural en 2018, Galicia está a liderar o deseño da que será a estratexia europea que incentive […]
12 de Decembro de 2017

A industria dos cruceiros crece en Galicia a un ritmo maior que a media nacional

Ata o mes de outubro os portos galegos captaran máis de 300 mil cruceristas, un 10% máis que en 2016 Á espera do peche de 2017, […]
29 de Setembro de 2017

A mellora de pernoitas, a estancia media e a rendibilidade, claves para avaliar positivamente a tempada estival galega

O Clúster Turismo de Galicia fai balance positivo do verán e convida o sector a seguir traballando en prol da ordenación, a desestacionalización e regulación dun […]
20 de Setembro de 2017

A Coruña acolle a entrega das 281 distincións Q de Calidade 2017

O presidente Feijóo presidiu o acto e destacou que Galicia é a única comunidade que leva 14 anos consecutivos sumando certificacións Q de calidade O Palacio […]