O balance empresarial do ano 2018 e perspectivas para o 2019 de Exceltur destaca o traballo realizado por Galicia e as boas perpectivas empresariais para 2019, a pesar dunha previsible desaceleración do turismo

Cando aínda coñecemos as últimas cifras de balance de 2018, que se pechou cunha nova marca na chegada de viaxeiros estranxeiros a España con 82,8 millóns de visitantes –case un millón de turistas máis que en 2017–, o que supón crecemento do 1,1% con respecto ao ano pasado, o sector mira xa a perspectiva deste 2019. E, segundo Exceltur, faio con optimismo aínda que coa mirada posta na recuperación dos competidores do Mediterráneo.

Segundo o informe de balance de 2018 e perspectivas turísticas para 2019 elaborado por Exceltur, asociación sen ánimo de lucro, formada por 23 das máis relevantes empresas de toda a cadea de valor turística, este ano, desde o punto de vista do sector turístico, estará marcado polo efecto da recuperación dos competidores e a desaceleración económica prevista para os mercados tradicionais de España, coa incógnita do Brexit, e as boas perspectivas para os mercados de media e longa distancia favorecidos pola multiplicación das conexións aéreas. O contexto económico de desaceleración previsto para os fogares españois suxire, ademais, un menor dinamismo no gasto asociado aos desprazamentos turísticos en 2019 das familias españolas, freando parte do crecemento experimentado en 2018.

A pesar da incerteza, apréciase un xeneralizado ton positivo nas previsións empresariais para o ano turístico 2019. O informe de Exceltur destaca, ademais, o esforzo levado a cabo por comunidades do interior, Galicia e Valencia, das que comenta ” que apostaron nos últimos anos polo reposicionamiento e reinvención de produto e a diversificación de mercados, reforzando a fidelización de demanda interior e unha maior presenza de demanda internacional”.

Neste contexto, Galicia sitúase como a terceira comunidade con maior previsión de subida de vendas, só por detrás de Estremadura e Madrid, cun aumento estimado do 3,6%. Nos beneficios atópase en cuarto lugar, preto do 3%. E é que as comunidades que lideraron a mellora de resultados en 2018 foron as do interior: Castela-A Mancha, que incrementan os seus resultados un +4,8%, Navarra o +3,6%, Estremadura +2,4% e Aragón +2,2%, segundo os datos recolleitos pola enquisa de Clima Turístico Empresarial realizada por Exceltur, mentres que na España Verde Galicia pecha un balance positivo con aumentos dos seus resultados empresariais do +1,9%, do mesmo xeito que o País Vasco +1,0%. Estes datos contrastan cos obtidos por outros CC.AA como Canarias, Baleares ou Cataluña, que pechan ano en negativo.

resumen CCAA

11 de Febreiro de 2019

Galicia, terceira comunidade con mellor previsión turística para 2019

O balance empresarial do ano 2018 e perspectivas para o 2019 de Exceltur destaca o traballo realizado por Galicia e as boas perpectivas empresariais para 2019, […]
16 de Xaneiro de 2019

Exceltur revela a crecente contribución do turismo á economía galega ao xerar 6.341 millóns de euros, cunha suba do 9,6%

A Consellería de Cultura e Turismo e Exceltur, Alianza para a Excelencia Turística, presentaron hoxe en Santiago de Compostela o Estudo Impactur para Galicia, que analiza […]
18 de Decembro de 2018

Galicia propón que a igualdade sexa un criterio para valorar nos selos de excelencia turística

A Consellería de Cultura e Turismo trasladou ao Instituto para a Calidade Turística Española ( ICTE) unha proposta para incorporar criterios de igualdade na valoración para […]
17 de Decembro de 2018

Descobre os restaurantes de Galicia Calidade Lecer que están na Guía Repsol

Sempre é un bo momento para gozar da gastronomía en Galicia pero cada vez máis as datas sinaladas, incluso as de Nadal, pásanse fóra de casa, […]