Formacion

O Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Carlos Oroza de Pontevedra acaba de abrir a inscrición para unha formación exclusiva en servizos de restaurante, dirixida de maneira específica aos traballadores das empresas asociadas ao Clúster Turismo de Galicia.

 

  • Certificación oficial da Xunta

 

Trátase dun programa gratuíto, de 4 meses de duración e 450 horas en horario de tarde, que permitirá aos participantes obter un Certificado de Profesionalidade oficial da Xunta de Galicia (nivel 2), recoñecido en todo o territorio nacional. Ademais, este título facilita a posibilidade de continuar estudos en Formación Profesional e validar módulos dun Ciclo de Grao Medio en Servizos en Restauración.

 

  • O curso permite reforzar competencias e validar experiencia

 

O itinerario formativo está composto por cinco módulos: técnicas de comunicación, seguridade e hixiene na manipulación de alimentos, inglés profesional, servizos en restaurante e eventos especiais, e itinerario persoal para a empregabilidade. Con este plan, os profesionais do sector poderán reforzar as súas competencias, validar a súa experiencia previa e mellorar a súa empregabilidade.

 

O curso representa unha oportunidade única para traballadores en activo das empresas colaboradoras do Clúster, que poderán acceder a unha formación práctica e cualificada sen custo algún. As persoas interesadas poden obter máis información contactando directamente co centro no teléfono 886 159 545 ou a través do correo electrónico cifp.carlos.oroza@edu.xunta.gal

08 de Setembro de 2025

O CIFP Carlos Oroza lanza un curso gratuíto de Servizos de Restaurante para traballadores de empresas do Clúster

O Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Carlos Oroza de Pontevedra acaba de abrir a inscrición para unha formación exclusiva en servizos de restaurante, dirixida de […]
21 de Maio de 2025

Clúster e eco-union colaboran na organización dun webinar para presentar unha ferramenta pioneira de autodiagnóstico climático para empresas do sector

A sesión celebrarase o 26 de maio, co título “Turismo + Resiliente: Presentación da plataforma de autodiagnósticos”.   O Clúster Turismo de Galicia reforza o seu […]
14 de Abril de 2025

O centro GaiásTech acollerá a xornada “Máis reservas, menos esforzo: claves para rendibilizar a túa web”

Será o 29 de abril, de 10:30 a 12:00h, e está dirixida ás empresas turísticas da oferta complementaria.   O vindeiro martes 29 de abril de […]
08 de Abril de 2025

O programa ‘Anfitriones’ abre a súa XXVI edición impulsando o talento turístico

Inclúe formacións en sostibilidade, innovación, calidade, competencias dixitais e outras áreas de coñecemento.   A Secretaría de Estado de Turismo anunciou a posta en marcha da […]