• O prazo de presentación, que finalizaba a principios deste mes de maio, ampliarase ata o día 29.
  • As axudas están dirixidas a pequenas e medianas empresas que sexan propietarias de edificios de aloxamento turístico.

 

A Xunta de Galicia amplía novamente o prazo para solicitar as súas axudas para actuacións de eficiencia enerxética nos aloxamentos turísticos galegos. O prazo de solicitudes desta liña de subvencións xa se ampliou nunha primeira ocasión ata principios do mes de maio. Con esta nova prórroga, os empresarios interesados poderán formalizar a súa solicitude ata o luns, 29 de maio, ás 23.59 horas.

 

Esta concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, conta cun orzamento que alcanza os 7,8 millóns de euros. Poden solicitar esta axuda, a través da sede electrónica da Xunta, aquelas pequenas e medianas empresas que sexan propietarias de edificios cuxo fin sexa o aloxamento turístico: hoteis, pensións, establecementos de turismo rural, albergues turísticos e apartamentos turísticos.

 

As persoas beneficiarias poderán recibir ata o 90% do investimento realizado, cun máximo de 150.000 euros. Ademais, ditas actuacións deberán contar cunha redución do consumo de enerxía primaria non renovable do 30% respecto á situación de partida, mellorando polo menos unha letra na escala de emisións de dióxido de carbono, salvo que o edificio xa conte cunha cualificación enerxética A.

 

Se queres mellorar a eficiencia e aforro enerxético do teu aloxamento turístico, algunhas das actuacións que podes realizar a través desta subvención son a mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica; a mellora da eficiencia enerxética e uso de enerxías renovables nas instalacións térmicas de calefacción, climatización, refrixeración, ventilación e auga quente sanitaria; incluída a instalación de redes de calor e frío alimentadas por fontes de enerxía renovable e/ou calor residual para complexos turísticos de varios edificios; así como a mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación.

 

O pasado mes de xaneiro Turismo de Galicia organizou un webinar centrado nestas axudas, os requisitos e os procedementos para solicitalas. O evento contou coa participación de varios relatores, entre os que se atopaba o presidente do Clúster de Turismo, Cesáreo Pardal. Podes visualizar a xornada a través da canle de Youtube de Turismo de Galicia.

 

Se te animas a solicitar esta subvención, recomendámosche consultar a guía de empresas de servizos enerxéticos de ámbito estatal.

04 de Maio de 2023

A Xunta amplía ata finais de maio o prazo para solicitar axudas destinadas á mellora da eficiencia enerxética nos aloxamentos turísticos

O prazo de presentación, que finalizaba a principios deste mes de maio, ampliarase ata o día 29. As axudas están dirixidas a pequenas e medianas empresas […]
05 de Outubro de 2020

A Asociación de Guías de Galicia promove a contratación destes profesionais en excursións e circuítos pola comunidade

A iniciativa, denominada Descobre Galicia, busca establecer unha colaboración a longo prazo con outros colectivos turísticos No marco do convenio asinado entre APITgalicia e a anterior […]
04 de Setembro de 2020

O Clúster Turismo de Galicia lanza un servizo de consultoría turística especializada, Turismo 100×100

Un equipo de expertos ofrecerán asesoramiento técnico individualizado a las empresas turísticas gallegas para hacer frente a los efectos de la COVID19
22 de Xuño de 2020

O Clúster reinvidica a idoneidade de medidas como o Bono Solidario para impulsar o consumo interno

A iniciativa de pór en marcha bonos para incentivar o consumo interno xa foi recollida no Plan de Reactivación a proposta do sector turístico galego O […]