• O prazo de solicitudes permanece aberto ata o 19 de xuño de 2024 a través da sede electrónica da Xunta.

 

O Diario Oficial de Galicia publicou o pasado venres, 19 de xaneiro, a convocatoria das subvencións a proxectos turísticos para o fomento do turismo enogastronómico, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU. As axudas desagréganse en tres liñas de acción:

 

A primeira, cun orzamento de 2.610.000 euros, impulsa a adecuación e embelecemento de establecementos turísticos (hoteleiros ou de restauración) para a posta en valor de servizos de enoturismo (servizos específicos de adega, actividades dirixidas ao coñecemento e divulgación de todo o relacionado co viño, elaboración, degustación…). Estes establecementos turísticos deberán estar vinculados a unha adega e/ou a parte dos seus viñedos.

 

A segunda liña, con 590.000 euros de presuposto, sufraga proxectos dixitais promovidos por establecementos turísticos de aloxamento e restauración que poñan en valor de produtos vitivinícolas e gastronómicos e favorezan a visita. Tamén inclúe o desenvolvemento tecnolóxico aplicado ao marketing turístico, a personalización, o desenvolvemento de contidos audiovisuais de calidade e o uso de ferramentas interactivas.

 

A terceira liña, cun orzamento de 2.300.000 euros, sufraga a ampliación e mellora da capacidade de aloxamento que impliquen a dotación de novas prazas de aloxamentos, respecto das inscritas no REAT, e que estean vinculados á posta en marcha de experiencias enogastronómicas, tales como visitas en orixe que poñan en valor o proceso de creación da materia prima, o seu coidado, recolección, procesado, elaboración do produto final, así como experiencias interactivas de cociña ou showcooking, degustacións e catas.

 

O prazo de presentación de solicitudes é de cinco meses, rematando o 19 de xuño de 2024 ás 23:59 horas. Lembra que para tramitala debes acceder a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, código de procedemento TU503I.

22 de Xaneiro de 2024

A Xunta convoca unha nova convocatoria de axudas para fomentar o turismo enogastronómico

O prazo de solicitudes permanece aberto ata o 19 de xuño de 2024 a través da sede electrónica da Xunta.   O Diario Oficial de Galicia publicou […]
22 de Xaneiro de 2024

A Xunta convoca a liña anual de axudas para a mellora de infraestruturas dos establecementos turísticos

Dirixidas a establecementos de aloxamento e de restauración. O prazo de presentación de axudas, cun presuposto de 3,5 M€, está dispoñible ata o 19 de febreiro […]
21 de Novembro de 2023

A Xunta de Galicia anuncia unha nova subvención a proxectos tractores para o turismo na contorna do Camiño de Santiago

O prazo de presentación de solicitudes será de catro meses, entendéndose como último día do prazo o 18 de marzo de 2024, ás 23:59 horas.   […]
18 de Xullo de 2023

Nova edición do programa Xuventude Mentoring na Empresa

Esta iniciativa busca ofrecer á xente nova estadías formativas de ata tres meses en empresas ou entidades públicas ou privadas vinculadas aos sectores económicos estratéxicos en […]