• O seu obxectivo é promover o desenvolvemento tecnolóxico e a transformación dixital das empresas turísticas para mellorar a súa competitividade, adaptándose ás novas necesidades e tendencias do sector turístico.
  • A subvención conta cun orzamento de 1,5 M€.

 

O Diario Oficial de Galicia publicou o pasado mércores, 5 de xullo, as bases reguladoras para a concesión das subvencións da Axencia Turismo de Galicia para a promoción da dixitalización no sector turístico. As axudas, de concorrencia non competitiva, contan cun orzamento de 1,5 M€.

 

O obxectivo desta liña de axudas é contribuír á competitividade das empresas de aloxamento turístico, de restauración e das axencias de viaxe, promovendo o seu desenvolvemento tecnolóxico e o proceso de transformación dixital no sector, para potenciar Galicia como destino turístico.

 

Considéranse gastos subvencionables aqueles en que incorrese a persoa solicitante entre o 1 de xaneiro e o 15 de novembro. As axudas subvencionarán gastos derivados da transformación dixital, entre os que se atopa a instalación de novos PMS (Property Management System) e ERP (Enterprise Resource Planning), a integración de PMS e ERP actuais, a instalación de novos CRM (Customer Relationship Management), instalación dun cannel manager, instalación de ferramentas de visualización, consulta e análise de datos, implementación de motores de reserva, incorporación de sistemas e metodoloxías para reforzar a seguridade dos datos, utilización de tecnoloxías disruptivas (blockchain, realidade virtual ou aumentada, big data e análises-explotación de datos, sensorización e comunicación entre máquinas, intelixencia artificial).

 

Ademais disto, tamén subvenciona os gastos de equipamento tecnolóxico e gastos de aloxamento ou servizos na nube necesarios para os procesos indicados anteriormente, e gastos derivamos da creación do produto e/ou comercialización da oferta turística.

 

O importe da subvención será do 80% do investimento subvencionable, de 15.000 € por persoa beneficiaria. Polo tanto, a axuda máxima a percibir será de 12.000 €.

 

Son beneficiarios destas axudas os establecementos hoteleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural, apartamentos turísticos, vivendas turísticas, albergues turísticos, empresas de restauración (restaurantes, cafetarías e bares) e axencias de viaxes.

 

O prazo de solicitudes é dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia. Polo tanto, o luns 7 de agosto, ás 23:59 horas, será o derradeiro día do prazo.

 

Podes acceder á convocatoria a través da sede electrónica oficial da Xunta de Galicia, co código de procedemento TU503C.

11 de Xullo de 2023

A Xunta convoca as axudas para a promoción da dixitalización no sector turístico

O seu obxectivo é promover o desenvolvemento tecnolóxico e a transformación dixital das empresas turísticas para mellorar a súa competitividade, adaptándose ás novas necesidades e tendencias […]
06 de Xuño de 2023

A Xunta convoca as axudas para a obtención ou mantemento da marca “Q” de Calidade Turística e da “S” de Sustentabilidade Turística

A convocatoria, de concorrencia competitiva, estará aberta desde o 7 de xuño ás 00:00 horas ata o 6 de xullo ás 23:59 horas. Poden optar a […]
16 de Maio de 2023

A Xunta convoca axudas para proxectos na área de influencia do Parque Nacional das Illas Atlánticas

As subvencións, concedidas por concorrencia competitiva, serán dun máximo de 8.000 euros, podendo cubrir o 100% do investimento subvencionable. O prazo de presentación de solicitudes está […]
04 de Maio de 2023

A Xunta modifica as bases e amplía o prazo da convocatoria de axudas para actuacións de embelecemento do litoral galego

O Diario Oficial de Galicia publicou a semana pasada a resolución que modifica as bases reguladoras para a concesión. O prazo de solicitudes permanecerá aberto ata […]