Até o 15 de abril está aberto o prazo para aquelas empresas e emprendedores que queiran participar na nova edición de Galicia Open Future, o proxecto impulsado por Telefónica e Xunta de Galicia a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a consellería de Economía e Industria para mentorizar o desenvolvemento de 50 proxectos empresariais innovadores.

Cunha duración de seis meses iniciais que posteriormente se poden prorrogar en períodos de 3 meses, os emprendedores que forman parte do proxecto reciben formación e adestramento especializado adaptado ás diferentes fases de maduración do seu proxecto empresarial. O obxectivo da plataforma é conectar a emprendedores, starup e organizacións públicas e privadas a nivel mundial a través do programa de innovación aberta Open Future Telefónica, do que Galicia forma parte a través do programa de incentivos da Xunta.

Aqueles proxectos que superen a fase inicial e sexan considerados por un xurado de expertos como o tres mellores polo seu grao de innovación, achega aos sectores estratéxicos galegos, grao de madurez e viabilidade, poderán recibir unha axuda da Axencia Galega de Innovación GAIN de até 25.000 euros que deberán destinarse ao desenvolvemento do proxecto. Se o teu proxecto encaixa ou che interesa participar podes inscribirte no programa a través da súa web.

31 de Marzo de 2016

Aberto prazo para presentar proxectos emprendedores ao Galicia Open Future

Até o 15 de abril está aberto o prazo para aquelas empresas e emprendedores que queiran participar na nova edición de Galicia Open Future, o proxecto […]