Entre as acción previstas destacan a creación dun club de produto, así como unha base de datos de establecementos e unha intranet.

 

O Clúster Turismo de Galicia disporá de 700.000 euros ata finais de 2022 para a creación e promoción de produto turístico sostible, como resultado dun convenio asinado coa Axencia Turismo de Galicia, que hoxe foi presentado en Santiago.

 

As accións incluídas neste convenio enmárcanse no Plan Director Galicia Destino Seguro elaborado polo Clúster, a Xunta e as tres universidades de Galicia, que establece os criterios estratéxicos para a recuperación da actividade tras a pandemia.

 

Entre as actuacións previstas atópase a creación de un Club de produto sostible, así como dunha base de datos de empresas que traballan con este tipo de oferta e unha intranet para a xestión de todo o programa. Neste sentido, o convenio incide no obxectivo do Plan Director de traballar no ámbito da dixitalización para axudar no proceso de mellora na comercialización tanto ao canal como ao cliente final.

 

Tamén se creará unha web cos produtos que se incorporen e se farán campañas de promoción en medios dixitais.

 

O convenio prevé, así mesmo, o apoio á creación de produto, tanto no sector maiorista como no minorista e receptivo. Entre as accións atópanse tamén a creación e distribución de material de promoción a través de turoperadores e axencias e a organización de viaxes de familiarización e prescrición.

 

O presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, insistiu durante a presentación do convenio na necesidade de que Galicia se promocione como un destino seguro; un destino sostible dende o punto de vista social, económico e medio ambiental, e un destino intelixente. Neste sentido, engadiu que este convenio, “conxuga os tres obxectivos, polo que a Clúster asume a responsabilidade de favorecer a creación de produto turístico sostible, de promocionalo e de facelo cos criterios marcados no Plan Director”.

 

Destacou tamén que a sustentabilidade aporta atractivo ao destino “pero é moito máis que iso”. Referiuse á dimensión social da sustentabilidade para dicir que “as actividades turísticas desenvólvense nunhas comunidades nas que temos que convivir, e coas que temos que asumir a responsabilidade que nos corresponde”.

 

Engadiu que a industria turística debe “ser respectuosa con esas comunidades. O noso papel pode ser moi importante para o logro de obxectivos como o de fixación de poboación nos ámbitos rural. Podemos contribuír tamén á creación de riqueza, non soamente con negocio e o emprego dos nosos establecementos, senón tamén co resto. A restauración e a gastronomía, a artesanía, a produción agrícola e o comercio local deben beneficiarse tamén da nosa actividade con ese criterio de sustentabilidade social”.

30 de Outubro de 2021

O Clúster Turismo de Galicia asina un convenio coa Xunta para destinar 700.000 euros ata finais de 2022 para a creación e difusión de produto sostible

Entre as acción previstas destacan a creación dun club de produto, así como unha base de datos de establecementos e unha intranet.   O Clúster Turismo […]
28 de Outubro de 2021

Unha vintena de empresas acoden co Clúster á feira internacional de turismo de Londres

A misión comercial galega participará nas actividades da  WTM, que se desenvolverá do 1 ao 3 de novembro.   O sector turístico galego volveu responder de […]
23 de Outubro de 2021

O Clúster volverá estar presente na gran feira turística do Camiño de Santiago

A cuarta edición de Fairway celebrarase os días 7, 8 e 9 de novembro en Compostela.   Máis de 70 expositores de toda a península relacionados […]
15 de Xuño de 2021

Convocatoria de Asemblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria Clúster de Turismo de Galicia

O vindeiro mércores 30 de xuño de 2021 celebrarase a reunión de Asemblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria do Clúster de Turismo de Galicia no auditorio da […]