• As empresas MEGA, Tee Travel, OCA Hotels, Galiwonders, Always Spain, Interrias, Hotel Restaurante As Eiras Lires e Xestores Turísticos de Finisterrae formaron parte da misión comercial do Clúster.
  • O director de Turespaña e o ministro de Turismo, entre outras autoridades, visitaron o stand de Galicia e conversaron cos representantes do Clúster.

Varias xornadas de intensa actividade, con reunións e encontros diversos, nos que Galicia se volveu deixar ver e destacar na escena internacional a través do seu sector turístico. Así se resume o paso pola ITB Berlín da misión comercial galega organizada polo Clúster Turismo de Galicia e que tivo como lugar de referencia para as súas actividades o espazo reservado para a Axencia Turismo de Galicia dentro do stand de Turespaña. Desde alí os nosos representantes despregaron a súa extensa oferta de propostas, atraendo a atención de numerosos operadores e de autoridades nacionais e internacionais.

 

MEGA, Tee Travel, OCA Hotels, Galiwonders, Always Spain, Interrias, Hotel Restaurante As Eiras Lires  e Gestores Turísticos de Finisterrae son as empresas e entidades que formaron parte desta misión comercial encabezada polo presidente do Clúster, Cesáreo Pardal. Ademais disto, asistiu unha delegación da marca turística ‘Galicia Destino Sostible‘, que mantivo reunións con operadores e axentes do sector en Alemaña, un mercado especialmente sensible a esta tipoloxía de produto turístico.

 

Ata o stand de Galicia na ITB Berlín achegáronse o director de Turespaña, Miguel Sanz; o ministro de Turismo, Jordi Hereu; e a secretaria de Estado de Turismo, Rosana Morillo, que conversaron con Cesáreo Pardal e a delegación sobre a actualidade do sector.

 

A ITB Berlín deste 2024 rexistrou preto de 100.000 asistentes. Máis de 5.500 expositores de 170 países iluminaron as tres xornadas da feira, ocupando as 27 salas de exposición do recinto feiral de Berlín.

11 de Marzo de 2024

O sector turístico galego promociónase na ITB Berlin

As empresas MEGA, Tee Travel, OCA Hotels, Galiwonders, Always Spain, Interrias, Hotel Restaurante As Eiras Lires e Xestores Turísticos de Finisterrae formaron parte da misión comercial […]
19 de Febreiro de 2024

O Clúster de Turismo pon a disposición do sector turístico galego 50 invitacións para a BTL de Lisboa

A feira turística da capital portuguesa celebrarase do 28 de febreiro ao 3 de marzo, coas tres primeiras xornadas reservadas exclusivamente a profesionais. A partir das […]
24 de Xaneiro de 2024

O sector turístico galego apunta como obxectivos para o 2030 a aposta pola sostibilidade, o incremento da rendibilidade e un turismo menos estacional

O presidente do Clúster Turismo presentou esta mañá en FITUR os resultados do diagnóstico ao sector, que servirá para deseñar a Estratexia Turística de Galicia 2024-2030. […]
23 de Xaneiro de 2024

Nova misión comercial do Clúster de Turismo á ITB Berlín

A vindeira edición da feira turística da capital alemá celébrase do 5 ao 7 de marzo. O prazo para sumarse á comitiva que organiza o Clúster […]