O Clúster Turismo de Galicia volve participar na World Travel Market de Londres da man de Turismo de Galicia para seguir impulsando a internacionalización do sector turístico galego

Unha trintena de profesionais do sector turístico galego participan desde hoxe na World Travel Market de Londres, que se celebra até o vindeiro mércores na capital británica dentro da misión comercial promovida polo Clúster Turismo de Galicia da man de Turismo de Galicia. Aloxamentos e turoperación fundamentalmente compoñen a misión comercial deste ano a esta feira, unha das citas máis importantes para o sector turístico a nivel internacional, que ao longo destas xornadas manterá unha axenda de contactos con turoperadores británicos co obxectivo de seguir traballando na internacionalización do sector turístico galego.

O obxectivo é que esta misión comercial contribúa a incrementar sinerxías entre os propios profesionais e fomentar unha primeira toma de contacto para aqueles que queren comezar a traballar con Galicia buscando destinos auténticos que poidan ofrecer experiencias diferentes e de calidade vinculadas á España Verde. A oferta turística galega dáse a coñecer dentro do espazo co que conta Galicia na caseta de Turespaña, como vén sendo habitual.

?Continuamos impulsando este tipo de accións, na liña en que levamos traballando desde a creación do Clúster Turismo de Galicia, afianzando relacións e incrementando o grao de coñecemento que a turoperación británica ten do Destino Galicia?, explicou o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, que destacou a importancia de traballar cun mercado maduro como o británico, que busca un turismo especializado e de calidade.

O mercado británico é o sexto mercado internacional para Galicia e experimentou este verán un retroceso con respecto no número de viaxeiros, seguindo un comportamento similar de contención que está a vivir o resto do Estado. No caso de Galicia a caída deste verán respecto ao mesmo período de 2017 foi dun 13%.

05 de Novembro de 2018

Unha trintena de profesionais participan desde hoxe na WTM de Londres, cita imprescindible para o sector turístico

O Clúster Turismo de Galicia volve participar na World Travel Market de Londres da man de Turismo de Galicia para seguir impulsando a internacionalización do sector […]
31 de Outubro de 2018

Os 61 concellos de Pontevedra protagonizarán a campaña de promoción turística da Deputación no 2019, centrada nas festas de interese turístico

Fitur volverá marcar o comezo da promoción turística para 2019, tamén para a Deputación de Pontevedra, que traballa xa nos eixos ao redor dos que virará a […]
25 de Outubro de 2018

Os orzamentos que propón a Xunta para 2019 inclúen un incremento de 4,3 millóns na partida destinada a Turismo

A nova Consellería de Cultura e Turismo inclúe na súa proposta de orzamentos para o próximo ano, un incremento na partida de turismo, convertido hoxe en […]
24 de Outubro de 2018

O Clúster Turismo de Galicia celebrará un novo workshop no Porto

Co obxectivo de dar a coñecer a oferta turística galega no mercado luso, o Clúster Turismo de Galicia celebrará o próximo 20 de novembro un novo […]