Consolidación e sustentabilidade marcan os retos de futuro para o Clúster Turismo de Galicia nos próximos anos

ACTIVIDADES

Consolidación e sustentabilidade marcan os retos de futuro para o Clúster Turismo de Galicia nos próximos anos

A entidade que aglutina ao 95% do sector turístico galego fixo balance dos seus 5 primeiros anos de traxectoria en Fitur

O espazo de traballo da caseta de Galicia no Salón Internacional de Turismo de Madrid recibiu máis de 300 reunións nos tres días dedicados ao sector profesional.

Rendibilidade, sustentabilidade e calidade para consolidar os avances alcanzados neste primeiros cinco anos do vida do Clúster de Turismo de Galicia. Así expresaba o presidente da entidade, Cesáreo Pardal, os principais retos cos que o Clúster aborda os próximos anos, na presentación celebrada esta mañá na caseta de Galicia en Fitur baixo o título “Cinco anos de colaboración público-privada”, coa que o Clúster Turismo de Galicia fixo balance de traxectoria e centrou os obxectivos de futuro.
Uns obxectivos entre os que o presidente da entidade fixo especial fincapé á necesidade de seguir traballando na especialización de produtos turísticos e na a internacionalización de destino, consolidando mercados como o británico ou o alemán á vez que se comeza a traballar en novos mercados nun horizonte de dez anos como poden ser é o Xaponés ou o chinés. Pero se houbo dúas ideas que percorreron transversalmente todo o discurso de Cesáreo Pardal esas foron sustentabilidade e calidade, como dous pivotes ao redor dos que vira o futuro do sector turístico galego. Como sector, asegurou, “temos un firme compromiso coa contorna, apostando por unha sustentabilidade social, económica e ambiental, que implique ao sector e á poboación local para lograr un equilibrio entre ou desenvolvemento do produto turístico e a conservación dos recursos”.
Espazo de reunións
Ademais desta presentación, o Clúster Turismo de Galicia xestionou durante estes días algo máis de 300 reunións profesionais nas 13 mesas de traballo xestionadas no espazo anexo á zona de presentacións, un número algo menor que o ano pasado, descenso que se debe, en boa medida, a unha maior estabilización da demanda por parte da turoperación e a que algunhas das empresas que habitualmente empregaban este espazo de traballo teñen agora caseta propia na feira.
En canto ao perfil destacou un importante incremento do interese por produtos e axencias especializadas como o turismo activo e deportivo, ademais das novas tecnoloxías e os medios de comunicación, que manifestaron un amplo interese por Galicia nesta feira, a primeira cita profesional do ano. Polo espazo de traballo da caseta de Galicia, pasaron maioritariamente profesionais nacionais pero tamén ingleses, latinoamericanos ou xaponeses, entre outros. Ademais sucedéronse un gran número de presentacións por parte de administracións públicas e destinos como A Coruña, Santiago, Mondoñedo, Viveiro ou Pontevedra.
ACTUALIDADE
15-6-2021

Prego de condicións que rexerán a contratación dun servizo de "MELLORA DOS MECANISMOS DE COMERCIALIZACIÓN, ACTUACIÓNS DE PROMOCIÓN ONLINE E PROMOCIÓN NA CANLE DE VENDA PRESENCIAL PARA GALICIA TURISMO ACTIVO", coa colaboración da Xunta de Galicia-Axencia de Turismo de Galicia

14-6-2021

Prego de condicións que rexerán a contratación dun servizo de "CREACIÓN E CONSOLIDACIÓN DE PRODUTO TURÍSTICO VINCULADO AO CAMIÑO DE SANTIAGO DENOMINADO UN DESCANSO NOS CAMIÑOS", coa colaboración da Xunta de Galicia-Axencia de Turismo de Galicia

27-5-2021

Elixe Galicia permite ás persoas desta Comunidade facer viaxes internas cunha bonificación do 40 por cento

24-5-2021

Unhas 60 empresas xa se adheriron ás ofertas do carné xove europeo a través do Clúster de Turismo de Galicia