• Unha ducia de empresas galegas participaron este luns nun workshop para presentar as múltiples posibilidades que ofrece a Comunidade para o turismo de congresos e incentivo.
  • Este encontro enmárcase no fam trip organizado por Turismo Porto e Norte de Portugal coa colaboración do Clúster.

Unha ducia de empresas galegas participaron este luns, 15 de abril, nun workshop en Vigo para dar a coñecer a oferta MICE de Galicia a un grupo de operadores canadenses. Este encontro é unha das actividades do  fam trip, organizado por Turismo Porto e Norte de Portugal coa colaboración do Clúster Turismo Galicia, para promocionar a zona da Eurorrexión como destino MICE en Canadá.

 

O workshop pon punto e final á visita á Galicia dos oito operadores canadenses, que comezou o pasado venres en Santa Cruz (Oleiros) e continuou pola Coruña e Santiago para rematar hoxe en Vigo. Durante estas xornadas, os integrantes do fam trip tiveron a oportunidade de coñecer parte da oferta hoteleira de cinco estrelas, así como a gastronomía da  zona e centros de congresos como Palexco e o Auditorio Mar de Vigo .

 

Previamente, o grupo de operadores canadenses percorreron Porto, Vilanova de Gaia e Matosinhos durante tres días nos que visitaron lugares emblemáticos como o Palacio da Bolsa, o Palacio do Freixo e o Val do Douro así como diferentes hoteis de luxo e centros de congresos como o da Alfándega ou o WOW.

 

Turismo MICE

 

Este fam trip enmárcase na estreita colaboración que veñen mantendo o Clúster de Turismo de Galicia e Turismo Porto e Norte de Portugal, co apoio da Xunta de Galicia e da Axencia Turismo de Galicia, para a promoción de ambos destinos de xeito conxunto de cara a aproveitar sinerxias e dinamizar os fluxos turísticos na Eurorrexión.

 

O MICE é un dos segmentos turísticos que máis contribúe a paliar a estacionalidade da actividade turística nos destinos, xera valor e crecemento e mantén a calidade e estabilidade no emprego. Segundo as cifras do INE o turista internacional de congresos tivo en 2023 un gasto medio de 298 euros por día, fronte aos 184 euros do turista de lecer.

 

O turismo de reunións, incentivos, congresos e exposicións contribúe a fomentar un turismo de alto valor engadido, fundamental para diversificar a oferta turística máis aló dos destinos habituais.

 

15 de Abril de 2024

O Clúster Turismo de Galicia e o Norte de Portugal colaboran para promocionar a Eurorrexión como destino MICE entre operadores canadenses

Unha ducia de empresas galegas participaron este luns nun workshop para presentar as múltiples posibilidades que ofrece a Comunidade para o turismo de congresos e incentivo. […]
02 de Abril de 2024

O sector turístico galego pecha a Semana Santa cunha ocupación de entre o 60% e o 85%

As malas condicións meteorolóxicas reduciron o número de reservas de última hora. O perfil maioritario do turista que se achegou a Galicia foi de orixe nacional […]
22 de Marzo de 2024

O sector turístico galego prevé unha ocupación de entre o 70% e o 80% para esta Semana Santa

Entre o xoves 28 e domingo 31 de marzo estas porcentaxes elévanse ao 90% e o 100% nalgunhas zonas. O turismo rural e o Camiño de […]
19 de Marzo de 2024

Os establecementos de Turismo Slow Norte de Galicia poderán formar parte de xeito directo do Club de Produto Galicia Destino Sostible

O presidente do Clúster Turismo de Galicia interveu na presentación do acordo entre as Mancomunidades de Concellos da Mariña e Ferrolterra para a inclusión de Turismo […]