Os participantes terán un stand virtual con espazos de reunión e contacto no que amosarán os seus produtos e se reuniran con responsables das axencias visitantes

Axencias de viaxes de toda España poderán visitar unha exposición virtual e un espazo de encontro creado polo Clúster de Turismo de Galicia no que as empresas galegas darán a coñecer os seus produtos turísticos os días 17 e 18 de novembro.

Trátase dunha ferramenta á que os participantes poden acceder facilmente, previa inscrición, na que, dun xeito moi intuitivo e sinxelo, visitarán unha zona de posto para produtos e unha área de auditorio dedicada a proporcionar información máis xenérica sobre o destino Galicia.

Os visitantes poden acceder ao stand de cada expositor cun só clic. Unha vez dentro, poden concertar unha cita para falar coa persoa de contacto, ademais de ver o contido audiovisual: vídeos, folletos explicativos en pdf, etc.

Os stands poderán amosar un vídeo promocional, unha ligazón á páxina web do expositor, unha zona de conversa escrita ou de videoconferencia, ofertas comerciais, un dossier gráfico, unha zona de xogos ou sorteos, a posibilidade de personalización coa marca e acceso ás ligazóns de contacto (correo electrónico).

Os ‘workshops’ están abertos a 35 expositores, que serán empresas do sector turístico galego. Durante o primeiro día (17 de novembro), os visitantes serán representantes de Viajes El Corte Inglés de toda España. O 18 de novembro estará aberto á participación de todas as axencias de viaxes españolas.

As empresas interesadas en participar como expositores (ata un máximo de 35) deberán enviar un correo electrónico expresando o seu interese e facilitando a información básica: nome, apelidos, correo electrónico e teléfono de contacto. As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición.  O prazo de inscrición remata o xoves 5 de novembro ás 13:00 horas.

30 de Outubro de 2020

O Clúster organiza o ‘workshop’ #quedamosenGalicia para dar a coñecer os produtos turísticos galegos ás axencias españolas

Os participantes terán un stand virtual con espazos de reunión e contacto no que amosarán os seus produtos e se reuniran con responsables das axencias visitantes […]
22 de Outubro de 2020

As medidas que se aplican a partir de hoxe en Galicia inclúen condicións específicas para o turismo

Os grupos con guía non poden exceder as cinco persoas e as actividades de tempo libre, centros recreativos turísticos, congresos, encontros, reunións de negocios, conferencias, eventos […]
21 de Outubro de 2020

Profesionais de viaxes de incentivos visitan Galicia dentro do programa Galicia MICE

Os 9 participantes na ‘fam trip’ de Galicia MICE estiveron en Santiago nun acto divulgativo no foron acompañados pola directora da Axencia de Turismo de Galicia, […]
19 de Outubro de 2020

O Clúster de Turismo de Galicia invita a 30 asociados a visitar o WTM London, que este ano será virtual

Os “trade visitors” teñen acceso á feira virtual e poden asistir a máis de 50 conferencias en directo, entre outras vantaxes. As persoas que queiran participar […]