Froito da cooperación interadministrativa e do recente convenio asinado entre Turismo de Galicia e a Mancomunidade do Salnés, este territorio conta xa cun novo produto turístico, a Ruta do Pai Sarmiento, un itinerario que nace co obxectivo de recuperar e dar a coñecer o trazado realizado por Frei Martín Sarmiento nesta zona en 1745 e do que dió conta na súa obra “Viaxe a Galicia”.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, destacou a importancia de contar con novos recursos que ofrezan un motivo máis para visitar esta comarca, que conta cunha enorme riqueza en canto a recursos turísticos refírese (museos, praias, oferta gastronómica, xacementos ou espazos singulares como o Complexo Intermareal Umia-Grove, etc.).

Os responsables da Mancomunidade, pola súa banda, anunciaron que o obxectivo da ruta, que previsiblemente estará en marcha a partir de xuño, é pór en valor a figura deste gran ilustrado galego ofrecendo, ao mesmo tempo, unha alternativa ao Camiño de Sntiago e ao turismo da zona. A Ruta do Pai Sarmiento percorre a costa entre Pontevedra e Padrón, onde se comunica co Camiño Portugués, uníndose así á Variante Espiritual, coa diferenza que esta xa ten a categoría da ruta Xacobea, unha distinción que os responsables da Mancomunidade do Salnés queren estender a esta nova senda.

Bótalle unha ollada ao vídeo de prestación do proxecto

14 de Maio de 2016

Novo produto turístico para o Salnés, a Ruta do Pai Sarmiento

Froito da cooperación interadministrativa e do recente convenio asinado entre Turismo de Galicia e a Mancomunidade do Salnés, este territorio conta xa cun novo produto turístico, […]
11 de Maio de 2016

Máis de 400 participantes na primeira edición do GastroFÓRUM do CSHG

Catas e degustacións, pero tamén mesas redondas e debate ao redor da cociña galega, as súas tendencias e o seu futuro. A primeira edición do GastroFÓRUM […]
10 de Maio de 2016

Nova marca de visitantes para a Ruta do Viño Rías Baixas

O informe anual da Asociación Española de Cidades do Viño (ACEVIN) ratifica unha nova marca de visitantes para a Ruta do Viño Rías Baixas, a única […]
05 de Maio de 2016

Nova edición das Xornadas de Puertas Abertas das Rutas do Viño de Galicia

As fins de semana do 21 e 22 de maio e do 28 e 29 de maio as Rutas dos Viños de Galicia celebran unha nova […]