Actividades Destacadas

O Clúster Turismo de Galicia volve organizar unha delegación para participar nesta feira profesional e manter contactos comerciais previamente axendados

Até o 20 de xullo próximo o Clúster de Turismo de Galicia mantén aberto o prazo para inscribirse na misión comercial á feira internacional de turismo World Travel Market London, que terá lugar do 6 ao 9 de novembro de 2016.
O número de participantes máximo é de 25 persoas polo que aquelas empresas e asociados interesados en participar deberán comunicalo a través de correo electrónico a administracion@clusterturismogalicia.com manifestando o seu interese e incluíndo os datos persoais (nome, apelidos e DNI) así como os datos de facturación da entidade asociada ao CTG (razón social, domicilio social e NIF). O prezo por participante, unha vez descontada a axuda do 50% que asume o Clúster, será de 600€, o que incluirá viaxe en avión, hotel en réxime AD (3 noites), seguro de viaxe, traslados e as entradas á feira.
Será requisito imprescindible para os asistentes o presentar un certificado do secretario da asociación á que pertenza na que faga constar a pertenza do mesmo á asociación, indicando o nome da empresa.
A misión comercial iniciarase o domingo 6 de novembro, saíndo desde o aeroporto da Coruña ou desde Santiago de Compostela inclúe servizos de traslado e de xestión de axenda aos participantes na misión comercial, polo que é necesario que os participantes remitan información sobre empresa e servizos para poder axendar encontros do máximo proveito para ambas as partes.

30 de Xuño de 2016

Aberto o prazo de inscrición para participar na próxima misión comercial á World Travel Market de Londres

O Clúster Turismo de Galicia volve organizar unha delegación para participar nesta feira profesional e manter contactos comerciais previamente axendados Até o 20 de xullo próximo […]
28 de Xuño de 2016

CETUR celebra por vez primeira o seu curso de formación para informadores e guías turísticos fóra de Compostela

O curso desenvolverase nunha semana intensiva na Veiga, Ourense, do 11 ao 15 de xullo Entre o 11 e o 15 de xullo o Centro de […]
22 de Xuño de 2016

Dúas novas entidades únense ao Clúster Turismo de Galicia

Continuando o ronsel de traballo colaborativo e de apertura para seguir unindo entidades ao Clúster Turismo de Galicia, a Asemblea Anual do CTG, celebrada na Cidade […]
16 de Xuño de 2016

Proxectos aprobados no Concurso de Ideas para o seu desenvolvemento polo Clúster Turismo de Galicia 2016

Tras unha valoración técnica realizada pola asistencia técnica do Clúster de Turismo de Galicia conforme aos criterios de valoración recollidos nas bases do concurso de ideas, […]