Actividades Destacadas

A iniciativa, que xorde con vocación de continuidade, concederá nove galardoes a persoas, empresas e proxectos pola súa contribución a mellorar o desenvolver o sector turístico da Comunidade

Os interesados poderán presentar as súas candidaturas até o 10 de novembro e o acto de entrega terá lugar a finais de ano nunha gala na cidade da Coruña

Baixo a consigna de amosar o potencial do turismo galego “máis aló das nosas fronteiras”, Xunta e o Clúster Turismo de Galicia impulsan conxuntamente a primeira edición dos Premios Galicia de Turismo, uns galardóns que recoñecerán iniciativas exitosas de persoas, entidades ou empresas co fin de desenvolver e mellorar o sector turístico galego que se entregarán a finais de ano nunha gala que se celebrará en Coruña. O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, presentaron esta iniciativa nun acto no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) no que tamén estivo presente a directora de Axénciaa Turismo de Galicia, Nava Castro.

Na súa primeira edición, os premios contarán con nove categorías: tres delas, Embaixador/a Nacional, Embaixador/a Internacional e Pioneiro/a, terán carácter honorífico e serán outorgados a persoas que contribuíron ao longo da súa vida á consolidación e prestixio de Galicia como destino turístico. Outro cinco premios serán concedidos por un xurado composto por representantes da Xunta, do sector e do mundo da universidade e recoñecerán iniciativas vangardistas e relacionadas co turismo sustentable, proxectos dirixidos á posta en valor do patrimonio histórico, artístico ou cultural de Galicia, accións de mercadotecnia ou comunicación para potenciar a imaxe da nosa Comunidade como destino turístico ou eventos de promoción turística. Serán os premios Vangarda, Sostenibilidade, Patrimonio, Promoción e Evento. A presentación de candidaturas a este cinco categorías estará aberta até o 10 de novembro a calquera persoa ou entidade a través dun formulario que estará a disposición na web dos Premios.

Por último, premiarase tamén ao mellor Escenario de Galicia a través dunha votación online aberta ao público entre 24 fotografías de distintos destinos turísticos galegos destacados pola súa beleza, coidado ou conservación.

Vocación de continuidade
Tanto o presidente do Clúster Turismo de Galicia, que agradeceu o apoio da Consellería a esta iniciativa, como o propio conselleiro, coincidiron en resaltar a vocación de continuidade coa que nacen estes galardóns. “Queremos que estes premios se convertan na gran festa do turismo galego”, resumiu Román Rodríguez, que destacou que espera que estes premios sirvan para visibilizar o traballo dos profesionais e das empresas do sector á vez que se segue desenvolvendo baixo consígnalas da sustentabilidade, a innovación, a calidade, e a aposta pola mellora da profesionalización e a competitividade co fin de favorecer a desestacionalización e a descentralización dos fluxos turísticos.

Pola súa banda, o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, destacou que esta iniciativa forma parte da colaboración público entre a Xunta e o sector co obxectivo de promocionar Galicia como destino turístico favorecendo o desenvolvemento sustentable “dunha industria turística moderna e competitiva”.

07 de Outubro de 2019

Xunta de Galicia e Clúster Turismo de Galicia crean os premios Galicia de Turismo que recoñecerán iniciativas exitosas do sector

A iniciativa, que xorde con vocación de continuidade, concederá nove galardoes a persoas, empresas e proxectos pola súa contribución a mellorar o desenvolver o sector turístico […]
27 de Setembro de 2019

Aberto o prazo para inscribirse no terceiro workshop de proximidade do Clúster de Turismo de Galicia

Lisboa é o terceiro destino elixido polo CTG para achegar a oferta turística galega á turoperación situada en destinos próximos a Galicia Co obxectivo de dar […]
23 de Setembro de 2019

Unha trintena de empresas participan na presentación do proxecto “Un descanos nos camiños”

A presentación tivo lugar no marco de Termatalia no marco da cal se desenvolveu o primeiro workshop de desenvolvemento de produtos turísticos vinculando termalismo e Camiño […]
28 de Agosto de 2019
Convencion ASTA

Empresas galegas asisten en Miami á Convención Global ASTA para achegar a oferta da nosa comunidade ao mercado estadounidense

Empresas galegas participan esta semana na Convención Global ASTA organizada pola Asociación de Axencias de Viaxes Americanas que se está a celebrar na cidade de Miami. […]